No mes de marzo de 2025 saíu publicada a terceira edición da Newsletter da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología de España, coa que vimos colaborando desde o inicio. Nesta ocasión, a Newsletter inclúe unha editorial que chama a reflexionar sobre os retos da Psicoloxía de Emerxencias ante o cambio climático e as crises antropoxénicas, un artigo sobre a intervención na Dana de Valencia, unha entrevista á psicóloga da Dirección Xeral de Protección Civil e Emerxencias do Ministerio de Interior de España, Elena Puertas, e a historia dos Grupos de Intervención Psicolóxica en Emerxencias dos Colexios Oficiais de Psicoloxía de Cantabria, Castela e León e Guipúzcoa. Ademais, expóñense as actividades realizadas polos diferentes GIPECs estatais, intervencións de alto impacto e recóllense documentos e manuais que poden ser de interés para os profesionais da Psicoloxía de Emerxencias.
Pódese acceder a toda esta información no enlace da Newsletter de marzo: