Grupos

Publicación da Newsletter-Edición Xullo da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes

No mes de xullo saíu publicada a segunda edición da Newsletter da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología de España, da que formamos parte do equipo de redacción.

Na edición de xullo pódense atopar entrevistas a Andrés Cuartero Barbanoj e Juan Manuel Fernández Millán, ambos recoñecidos psicólogos de emerxencias en España; a historia de varios Grupos de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes dos COP estatais; actividades realizadas e previstas; documentos e manuais de interese; intervencións mediáticas realizadas desde os diferentes GIPEC; e artigos de interese para os profesionais da Psicoloxía de Emerxencias.

Pódese consultar a través do seguinte enlace: Newsletter Nº2, Xullo 2024 

Newsletter da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología de España