Comisións

Programa intensivo de Adestramento no Cultivo da Compaixón
Imaxe Adestramento e Cultivo da Compaixón

O vindeiro 18 de xuño o Grupo de Traballo de Autocoidado do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia organiza na Casa Europa en Santiago de Compostela o «Programa presencial intensivo de adestramento no cultivo da compaixón». Un curso intensivo deseñado para as persoas que non dispoñen do tempo preciso para participar no curso de 8 semanas.

O curso, deseñado para desenvolver as calidades de compaixón, a empatía e o amor cara a un/ha mesmo/a e cara aos demais, vai dirixido a colexiados e colexiadas do COPG e a persoas non colexiadas.

O Programa de Adestramento no Cultivo da Compaixón (Compassion CUltivation Training, CCT)

Tes máis información no programa que achegamos. Para a inscrición é preciso enviar o boletín cuberto xunto co xustificante de pago ao enderezo electrónico copgalicia@copgalicia.gal(link sends e-mail) ata o 10 de xuño.

Spread the love
Imaxe Adestramento e Cultivo da Compaixón