Comisións

Primeira xornada presencial do Programa de Adestramento no Cultivo da Compaixón
Xornada presencial do Programa de Adestramento no Cultivo da Compaixón

O pasado sábado 18 de xuño celebrouse a primeira xornada presencial do Programa de Adestramento no Cultivo da Compaixón (CCT) na súa versión intensiva. Xornada aberta tanto para profesionais colexiados/as como para calquera persoa interesadda en cultivar na súa vida a compaixón. Nesta ocasión participaron 16 persoas que xunto con Ana Isabel Martínez Arranz (G-2573) e Beatriz Fernández Méndez (G-2563), que instruíron a formación, conformaron unha bonita comunidade de aprendizaxe experiencial.

Esta proposta é unha achega ao programa de 8 semanas que se realizará para os meses de outubro a novembro. O programa CCT está adicado para o cultivo da compaixón na vida cotiá a través de extender a compaixón desde un ser querido, pasando por nos mesmos, e a partir de aquí a persoas neutras, difíciles e a todos os seres sentintes. O cultivo da compaixón está relacionado con beneficios como mellorar aceptación da dor, reducción das hormonas do estrés e aumento da resposta parasimpática, unha maior felicidade e benestar, menor remuniacion, aumento da autocompaixón e do autocoidado, unha maior resiliencia, e tamén un aumento da conexión e coidado dos demais, aumenta a empatía e é un bó antídoto para o burnout e o distrés empático.

Por todo isto é importante o seu cultivo tanto a nivel personal, como a nivel profesional, especialmente nas profesións de axuda como a nosa. Tamén como un medio para contribuír a un mundo realmente máis compansivo e amable, de maior conexión entre todos/as. Loitando contra a soidade, o illamento, o individualismo, a sobre esixencia e o perfecionismo que nos comprime.

Spread the love
Xornada presencial do Programa de Adestramento no Cultivo da Compaixón
Xornada presencial do Programa de Adestramento no Cultivo da Compaixón