Información Xeral

Presentación do libro «Sumisión quimica y uso de sustancias psicoactivas en las agresiones sexuales»

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia acolleu hoxe na súa sede a presentación do libro «Sumisión química y uso de sustancias psicoactivas en las agresiones sexuales. Prevención, detección e intervención de un problema multidisciplinar».

Portada do libro "Sumisión química y uso de sustancias psicoactivas en las agresiones sexuales"

Portada do libro «Sumisión química y uso de sustancias psicoactivas en las agresiones sexuales»

Trátase dun libro coordinado por dous psicólogos e investigadores galegos, o profesor Manuel Isorna Folgar, da Universidade de Vigo, e o profesor Antonio Rial Boubeta, da Universidade de Santiago de Compostela, xunto ao catedrático de Dereito Penal José Ramón Agustina da Universitat Abat Oliba CEU de Barcelona.

É o primeiro libro que aborda en España con verdadeiro rigor científico o alarmante problema da Sumisión Química e as agresións sexuais no lecer nocturno, desde unha óptica multidisciplinar e o máis estrito sentido da responsabilidade social e institucional. Nel participan algúns dos mellores expertos de toda España, entre eles outros galegos máis, como os profesores Manuel López Rivadulla e Ana Bermejo, catedráticos de Toxicoloxía da USC, ou Angelines Cruz Landeira, catedrática do Instituto de Ciencias Forenses. Participan tamén outros expertos de toda España, tanto no eido da psicoloxía e a educación, como das forzas e corpos de seguridade, a criminoloxía, o traballo social ou o dereito.

Os autores tentan facer unha análise integral, obxectiva e proactiva desta crecente problemática, desde o rigor científico e o compromiso social, que segundo eles deben ser os dous pilares básicos que teñen que guiar sempre o desenvolvemento normativo.

O acto foi presidido pola decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Mª Rosa Álvarez Prada acompañada dos dous coordinadores do libro, Manuel Isorna e Antonio Rial, e ao cal acudiron numerosos medios de comunicación.

De esquerda a dereita: Manuel Isorna, Mª Rosa Álvarez e Antonio Rial

De esquerda a dereita: Manuel Isorna, Mª Rosa Álvarez e Antonio Rial

 

 

Spread the love
Presentación do libro "Sumisión química y uso de sustancias psicoactivas en las agresiones sexuales"
Presentación do libro "Sumisión química y uso de sustancias psicoactivas en las agresiones sexuales"