Seccións

Presentación do Grupo de Traballo de Interculturalidade
Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG

O 4 de maio, no marco da actividade Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG, presentouse o Grupo de Traballo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social. O obxectivo deste grupo é dotar aos e ás profesionais da psicoloxía de recursos comunicativos e relacionais eficaces que, nun contexto da diferenza cultural significativa, permitan eliminar ou restrinxir as barreiras comunicativas entre as persoas intervinientes. Tratase dun proxecto interesante, cuns obxectivos claros e ben definidos que se irán axustando ás futuras necesidades sociais.

Foi presentado polos membros que compoñen o grupo, Pilar Canosa, psicóloga e mediadora; Erika Medina, psicóloga e psicoterapeuta; e  Eduardo Búa, psicólogo da intervención social e comunitaria. Tamén se contou coa psicóloga docente no Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC, Mónica Alzate, quen realizou unha introducción á presentación.

 

Spread the love
Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG
Falamos, ciclo de experiencias compartidas do COPG