Grupos

Presentación da Guía de recomendacións de boas prácticas en intervención psicolóxica en emerxencias
Guía de recomendacións de boas prácticas en intervención psicolóxica en emerxencias

A finais de xuño presentouse a Guía de Recomendacións de Boas Prácticas en Intervención Psicolóxica en Emerxencias redactada por psicólogos e psicólogas expertos en psicoloxía de emerxencias pertencentes aos Grupos de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias de varios Colexios Oficiais de Psicoloxía estatais, entre os que se atopa o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

Esta Guía recolle recomendacións  para as intervencións psicolóxicas no ámbito das emerxencias coa finalidade de conseguir unha boa praxis profesional que redunde no benestar da cidadanía. Está destinada a profesionais da psicoloxía de emerxencias que xa interveñen, a aqueles psicólogos e psicólogas que queren incorporarse aos equipos de intervención de emerxencias e a todos os estudiantes de Psicoloxía que teñan interese neste campo.

Nesta Guía expóñense temas de especial relevancia para os profesionais da Psicoloxía de Emerxencias como poden ser: o rol do psicólogo e psicóloga de emerxencias, recomendacións para intervir con poboacións vulnerables, boas prácticas na xestión de emerxencias, boas prácticas na coordinación con organismos e entidades, aspectos multiculturais a ter en conta,  boas prácticas na colaboración con medios de comunicación e redes sociais e principios éticos na intervención do/da profesional da Psicoloxía de Emerxencias.

Pódese descargar a guía no seguinte enlace.

Spread the love
Guía de recomendacións de boas prácticas en intervención psicolóxica en emerxencias
Guía de recomendacións de boas prácticas en intervención psicolóxica en emerxencias