Entre os días 23 de febreiro e 2 de marzo celebrouse a quinta edición de Tempo da Psicoloxia, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en colaboración coa Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. O tema central nesta ocasión foi «Unha ollada sobre as migracións».
Tempo da Psicoloxía pretende ser un foro de reflexión, de carácter divulgativo, no que a psicoloxía, como profesión e como disciplina científica, dialogan con outros axentes sociais sobre temas de interese para a cidadanía. Nesta edición, que como o seu título indica, xirou arredor da realidade migratoria, abarcando temas como o proceso que experimentan as persoas migrantes que se ven forzadas a abandonar o seu pais na procura dun futuro, a explotación sexual e a integración comunitaria nas persoas inmigrantes.
Podes visualizar os relatorios na nosa canle de youtube:
– Mesa “Cando a única saída é FUXIR”.
– Mesa “TRATA de persoas: a escravitude silenciada”.
– Mesa “Botando novas raíces: a INTEGRACIÓN comunitaria”.