Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XUÑO – XULLO 2023)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

– O 5 de xullo reuniuse, xunto con Ana Mª Núñez Rubines, coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), con Santiago Villanueva Álvarez, Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia para falar sobe as liñas de colaboración entre ambas institucións de cara a celebración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias “Sostendo emocións nas emerxencias” que se celebrará no mes de maio de 2024 en Santiago de Compostela.

– Participou na mesa do acto de inauguración do XIII Congreso da Sociedade Española de Psicofisioloxía e Neurociencia Cognitiva e Afectiva (SEPNECA), celebrado o 20 de xullo no Colexio de Fonseca en Santiago de Compostela.

– Asistíu o 20 de xullo á recepción cidadá con motivo do Pregón das Festas do Apostolo 2023 do Concello de Santiago de Compostela, celebrado no Pazo de Raxoi.

– O 25 de xullo asistíu ao acto “Alba de Compostela”, no cal recibiu un recoñecemento do Concello de Santiago de Compostela pola súa dedicación profesional e persoal á transformación do bario de Vite, implicando persoas e entidades nun proxecto social que as erixe como protagonistas e impulsoras do espazo veciñal, modelo de intervención sociolaboral, colaborativa e educativa.

 

Mª Leonor Galiana Caballero

Mª Leonor Galiana Caballero

 

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Mª Leonor Galiana Caballero, asistiu en representación do COPG:

– O 19 de xuño á Xornada “Accesibilidade en espazos culturais. Cultura inclusiva na formación ao longo da vida”, celebrada na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

– O 12 de xullo ao Pleno do Consello Galego de Benestar Social.

 

 

Mª Carmen González Hermo

Mª Carmen González Hermo

O 4 de xullo, Mª Carmen González Hermo, vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte do COPG, participou na reunión para a elaboración da Guía de hábitos saudables en persoas xóvenes con DT1 en Galicia que se está a realizar en colaboración co Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF), o Colexio Oficial de Dietistas-Nutricionistas de Galicia (CODINUGAL), a Asociación ANEDIA e a Universidade de Vigo. A finalidade deste estudo é obter datos que sirvan de base para a elaboración dunha guía de recomendacións e hábitos saudables para os e as menores con diabetis tipo I. Pódese participar neste estudo premendo no seguinte enlace.

 

 

A psicóloga colexiada Mª Sagrario Ferreira Pernas, asistiu en representación da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG á reunión extraordinaria do Consello Municipal de Saúde do Concello de Monforte de Lemos o pasado 19 de xullo.

 

Spread the love
COPG
COPG