A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:
– Asistiu á xuntanza da Xunta de Goberno e a Xunta Xeral do Consejo General de la Psicología e tamén á reunión de Psicofundación, celebradas en Madrid os días 24 e 25 de xuño.
– Asistiu á reunión do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, do que forma parte representando a Unión Profesional de Galicia, celebrado o 30 de xuño en Santiago de Compostela.
– Xunto coa psicóloga colexiada Mª Concepción Rodríguez Pérez (G-3064), participou no VXII Congreso Europeo de Psicoloxía, que este ano tivo lugar en Ljubljana (Eslovenia) durante os días 5 ao 8 de xullo. No marco deste congreso presentaron o simposio «A cooperación dos Colexios Profesionais e as Axencias Públicas na prevención e intervención da violencia doméstica: experiencias portuguesas e españoalas.»
– Participou na inauguración sun seminario online sobre a atención a menores vítimas de violencia, que se enmarca dentro do Proxecto Europeo INTIT, cofinanciado polo Programa de Dereitos, Igualdade e Cidadanía da UE (2014-2020), da Asociación Consensus, no que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia colabora. Ademais neste seminario participou en representación deste Colexio, a colexiada Mónica Permuy López (G-1435), para abordar o paso dos menores polos sistemas de proxecsión e de xustiza e aretraumatización e victimización secundaria. Celebrouse o 13 de xullo.
– O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asina un ano mais o convenio de colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para prestar atención psicolóxica especializada de carácter inmediato ás vítimas na situación de urxencia nos diferentes escenarios ás posibles situacións de urxencia, en todos os partidos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta quenda de garda é un servizo público e gratuíto para as mulleres e menores aos que vai dirixido. Neste sentido, desde a coordinación da Quenda de Garda Psicolóxica e Especializada en Violencia de Xénero deste Colexio, o 15 de xullo, mantiveron unha reunión telemática coa subdirectora xeral para o tratamento da violencia de xénero, Patricia Fernández López, co obxectivo de facer seguimento do servizo.
-A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Mª Leonor Galiana Caballero, asistiu en representación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia á sesión 1/2022 do Pleno do Consello Galego de Benestar Social celebrada o 21 de xuño.
– Hipólito Puente Carracedo, vicecedano do COPG e coordinador na nosa comunidade do Proxecto PsiCE «Prevención dos problemas emocionais no contexto educativo: eficacia do protocolo unificado para o tratamento transdiagnóstico para adolescentes» organizado polo Consejo General de la Psicología, a través de Psicofundación, mantivo unha xuntanza o 22 de xuño co fin de continuar co desenvolvemento do estudo.
-Eva Muíño Gómez, coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG, asistiu en representación da División do Consejo General de la Psicología ao acto de presentación do Protocolo de exploración médica de centros de recoñecemento, organizado pola DGT e celebrado en Madrid o 23 de xuño.