A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada
- Á Gala dos Premios Solidarios 2025 do Grupo Social ONCE Galicia, celebrada na Coruña o 5 de xuño.
- Á reunión anual do Pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, celebrada o día 5 de xuño en Santiago de Compostela.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:
- Realizou achegas ao Anteproxecto da Lei de Saúde de Galicia, en relación coas medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de Saúde galego.
- A membro da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde, Isabel Figueroa Matallín, participou na xuntanza da plataforma SOS Sanidade Pública, celebrada o 27 de maio.
- O COPG articipou na VII Convención do Consejo General de la Psicología, celebrada en Pamplona os días 12 a 14 de xuño, baixo o lema “La Psicología: Transformando vidas. Construyendo futuro”, que reuniu a membros de Xuntas de Goberno, Áreas, Comisións e Grupos de Traballo dos Colexios, promovendo o intercambio de ideas sobre os principais retos da profesión.

Foro «Autoritarismo e Liberdade»
No marco do 45 aniversario do COPG, impulsou un ciclo de foros “Autoritarismo e Liberdade”, unha iniciativa orientada á reflexión sobre os retos da convivencia democrática, a defensa dos dereitos humanos e o papel da psicoloxía ante o avance dos discursos extremos. Celebrado en Pontevedra o día 30 de maio.
- Asinou un convenio de colaboración coa Fundación Campus Universitario de Lugo, que permitirá ás persoas colexiadas acceder a formación especializada en ámbitos emerxentes da psicoloxía aplicada.

Achegas da Psicoloxía
O COPG celebrou a Gala da Psicoloxía Galega 2025 “Achegas da Psicoloxía”, un evento anual destinado a recoñecer e poñer en valor as contribucións da psicoloxía á sociedade galega, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela o 6 de xuño.
O COPG e o Consejo General de la Psicología
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:
– Á presentación do estudo “Violencia contra mujeres, niñas, niños y adolescentes en el ámbito digital”, celebrado o día 27 de maio en Madrid e organizado polo Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller.
– Á presentación do estudo “Tratamento xudicial dado mujeres, hijas e hijos menores de edad en los procedimientos de Derecho de familia en los que se ha constatado la existencia de violencia de género”, celebrado o día 17 de xuño en Madrid e organizado polo Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller.
– Á reunión da Xunta de Goberno e Xunta Xeral do Consejo General de la Psicología, celebradas o día 12 de xuño en Pamplona.
– Tamén participou na reunión do Grupo de Traballo da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología, celebrada tamén en Pamplona o día 14 de xuño.