Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XUÑO 2024)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

 

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Xunto con Fátima López Rodríguez, coordinadora da Quenda de Garda Psicolóxica Especializada en Violencia de Xénero, mantiveron unha xuntanza co Director Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba Alvedro, e coa Subdirectora Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero, Patricia Fernández López, para tratar temas en materia de violencia de xénero, que se celebrou o 29 de maio na sede do COPG en Santiago de Compostela.
  • Asistiu aos Premios Solidarios 2024: Asómate á Solidariedade, organizada polo Grupo Social ONCE, que tivo lugar o 5 de xuño na Coruña.
  •  Asistiu á reunión da Xunta de Goberno e á reunión da Xunta Xeral do Consejo General de la Psicología, que tiveron lugar o día 15 de xuño en Madrid.

 

 

 

 

 

 

M. Elena Bastos Expósito

 

 

 

M. Elena Bastos Expósito asistiu á reunión da Área de Psicoloxía da Intervención Social do Consejo General de la Psicología, así como ás Xornadas de Intervención Social “A psicoloxía como condición básica para garantir a igualdade de acceso e desfrute dos servizos sociais”, que se celebraron o día 7 de xuño en Madrid..

 

 

 

 

 

 

Pedro Santamaría Gargamala

 

 

O coordinador do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento do COPG, Pedro Santamaría Gargamala, asistiu á reunión do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento do Consejo General de la Psicología, que tivo lugar o 8 de xuño en Madrid.

 

 

 

 

 

 

 

 

Rocío García Calvo

 

A representante do Consello Municipal de Saúde de Santiago de Compostela, Rocío García Calvo, asistiu a unha xuntanza do Consello o día 4 de xuño en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mª Begoña Castro Iglesias

 

 

 

– A vogal da Xunta de Goberno, Mª Begoña Castro Iglesias, en nome da decana, asistiu ao acto de graduación da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrou o 14 de xuño en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

O vogal da Xunta de Goberno, e coordinador da Comisión Intersectorial de Mediación do COPG, Ricardo Fandiño Pascual, e Nuria González Lois, reuníronse co director de Relacións Institucionais, da Asociación Española de Mediación (ASEMED), Francisco Lucas, para explorar as posibles vías de colaboración entre ambas institucións, que se celebrou o 14 de xuño vía online.

Ricardo Fandiño Pascual

Nuria González Lois

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Guadalupe Oroña Quintáns

 

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, Guadalupe Oroña Quintáns, asistiu ao 30 Aniversario da Asociación Fonte da Virxe, o 15 de xuño en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

Mª del Carmen González Hermo

 

A vicesecretaria, Mª del Carmen González Hermo, en nome da decana, asistiu á entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2024, Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas 2024 e Premio RAGC de Divulgación Científica 2024, organizados pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) o día 19 de xuño en Santiago de Compostela.

Asistiu tamén á presentación das demandas de lexislatura e da marca común do movemento asociativo do dano cerebral, da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE), que tivo lugar o 21 de xuño en Santiago de Compostela

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ana Mª Núñez Rubines, presidenta do Comité Organizador do I Congreso de Psicoloxía de Emerxencias

Ana Mª Núñez Rubines

 

A coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Núñez Rubines, asistiu á reunión do Comité de Emerxencia de Aeródromo CEAD 01/2024, que tivo lugar o 19 de xuño en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Ao acto institucional “I Diálogos Feministas Intergeneracionales”, organizado polo Instituto de las Mujeres, o día 30 de maio en Madrid.

– Á reunión do Grupo de Traballo de Violencias Dixitais do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer que se celebrou vía online o día 18 de xuño.

– Á reunión do Grupo de Traballo de Violencias Sexuais do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer que se celebrou vía online o pasado 30 de maio.

– Á reunión do Grupo de Traballo Pacto de Estado e a Estratexia Estatal para Combater as violencias machistas, do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, que se celebrou vía online o día 21 de xuño.

 

Spread the love
COPG