Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XUÑO 2023)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

María Rosa Álvarez

Mª Rosa Álvarez Prada

– Asistiu á xornada online de Sensibilización en materia de memoria democrática: a atención psicolóxica a través das vítimas e intervinientes, organizada desde o Consejo General de la Psicología e celebrada o 8 de xuño en Madrid. O obxectivo desta xornada era dar a coñecer as consecuencias psicolóxicas dos procesos de perda e dó vividos polas vítimas da Guerra de España e o franquismo, así como os procesos de recuperación dos corpos dos seus familiares e intervinientes que acompañan nos procesos de exhumación.

– O 16 e 17 de xuño acudiu a xuntanza da Xunta de Goberno e a Xunta de Goberno Xeral do Consejo General de la Psicología celebrada en Madríd. Así mesmo tamén asistiu á reunión de Psicofundación, Fundación para promover o desenvolvemento científico e profesional da psicoloxía no ámbito español desde maio de 2010.

– Participou na xuntanza do Observatorio Estatal da Violenica sobre a Muller do Ministerio de Igualdade en representación do Consejo General de la Psicología, que se celebrou en Madrid o 20 de xuño.

 

 

Sandra Mª Fernández Román, membro do Grupo de Traballo de Psicoloxía Perinatal da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, asistiu á reunión online informativa do Proxecto Red Conecta Perinatal, celebrada o 27 de maio desde a Área de Psicoloxía Perinatal do Consejo General de la Psicología de España.

 

Mª del Carmen González Hermo

Mª del Carmen González Hermo

 

A coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte do COPG, Mª Carmen González Hermo, asistíu o 31 de maio a unha xuntanza co Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e en Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia (COLEF), co obxectivo de seguir traballando nun documento compartido sobre hábitos saudables para a poboación galega en idade xuvenil e adulta.

 

 

 

A coordinadora do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e representante do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento do Consejo General de la Psicología, Guadalupe Oroña Quintáns, asistiu a reunión en modalidade online do mencionado grupo o pasado 10 de xuño.

 

Mª Leonor Galiana Caballero

Mª Leonor Galiana Caballero

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, Mª Leonor Galiana Caballero, asistiu á Xornada «Accesibilidade de espazos culturais. Cultura inclusiva na formación ao longo da súa vida», celebrada en Santiago de Compostela o 19 de xuño.

 

 

 

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presentou os seguintes recursos no transcurso do mes de xuño:

  • Recurso potestativo de reposición ante o Concello de Poio (Pontevedra) contra as bases para a selección e contratación dun/ha educador/a familiar publicado no Boletín Provincial de Pontevedra número 112 do 12 de xuño e no cal non contemplaban a titulación de Psicoloxía para optar ao posto ofertado.
  • Recurso de alzada á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde contra a Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, contra as bases polas que se convoca un posto de vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario, publicado do Diario Oficial de Galicia número 98 do 25 de maio.

 

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia fixemos as seguintes achegas e observacións:

  • Achegas ao Protocolo de prevención e actuación contra o acoso sexual, que esta a elaborar a Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas.
  • Observacións ao Protocolo para a abordaxe das violencias sexuais e LGTBlfóbicas en espazos de ocio nocturno de Santiago de Compostela, que está a elabora o Centro de Información á Muller (CIM) de Santiago de Compostela desde a Concellería de Igualdade do Concello de Santiago de Compostela.
Spread the love
Mª Rosa Álvarez Prada
Mª Rosa Álvarez, decana do COPG