Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XULLO-SETEMBRO 2023)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

– Participou na xuntanza do Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller do Ministerio de Igualdad en representación do Consejo General de la Psicología, en calidade de vogal de Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero. Que se celebrou o día 14 de setembro no Ministerio de Igualdad en Madrid.

– Asistiu á Xornada “Gordofobia” organizada polo Consello da Cultura Galega e a Valedora do Pobo, que se celebrou o pasado 22 de setembro en Santiago de Compostela.

– Reuniuse o pasado 27 de setembro, coa secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez Domínguez, para toma de contacto da nova secretaria e tratar temas dos convenios que están en marcha.

 

Mª Leonor Galiana Caballero

Mª Leonor Galiana Caballero

 

A representante no Consello Galego de Benestar Social, Mª Leonor Galiana Caballero, asistiu á sesión ordinaria deste Consello, o día 15 de setembro.

 

 

 

 

 

Concepción Fernández Fernández

Concepción Fernández Fernández

 

A vogal da Xunta de Goberno, Concepción Fernández Fernández, asistiu en representación do Colexio á gala conmemorativa do 25 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia, que se celebrou o pasado 16 de setembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

Eva Muíño Gómez

Eva Muíño Gómez

 

 

A coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade, Eva Muíño Gómez, asistiu ao plenario do Pacto Local da Mobilidade que se celebrou o pasado 22 de setembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

Carlos Montes Piñeiro

Carlos Montes Piñeiro

 

O presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, Carlos Montes Piñeiro, participou o 27 de setembro no Foro Técnico de Prevención de Riscos Laborais sobre Saúde Mental, organizado pola Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón-Arteixo en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña.

 

 

 

 

Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia remitimos as nosas achegas ao Protocolo para a Abordaxe das Violencias Sexuais e LGTBIfóbicas en Espazos de Ocio Nocturno do Concello de Santiago de Compostela.

Ao encontro, de carácter, deliberativo, que se celebrou en Santiago de Compostela o pasado 12 de setembro participaron asociacións de hostalaría, forzas e corpos de seguridade, representación  das mulleres e do colectivo LGTBI, colexios profesionais, do ámbito xudicial, da oficina da Valedora do Pobo e dos grupos municipais. En representación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asistíu a decana, Mª Rosa Álvarez Prada.

 

Spread the love
COPG
COPG