Información Xeral

Participacións do COPG en reunións e eventos profesionais (Xullo – Agosto – setembro 2022)
M_ROSA_ALVAREZ

Mª Rosa Álvarez Prada, Decana do COPG

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

  • Asistiu á reunión do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, do que forma parte representando a Unión Profesional de Galicia, o pasado 28 de xullo en Santiago de Compostela.
  • Acudíu ao acto de conmemoración con motivo do Día da Merced no Centro de Inserción Social Carmela Arias y Díaz de Rábado de A Coruña o pasado 22 de setembro. Neste acto otorgouse unha medalla de bronce a PSICOFUNDACIÓN, Fundación que promove o desenvolvemento científico e profesional da psicoloxía no ámbito español, e da que o COPG forma parte.

 

  • Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presentouse recurso de reposición ás bases para a selección e contratación de un/unha fisioterapeuta, un/unha psicólogo/a e un/unha logopeda do Concello de Chantada, ao apreciar que o temario e común para as tres prazas de persoal laboral ofertado. Foi presentado o 21 de xullo.

 

Ana Núñez Rubines

Ana Núñez Rubines, Coordinadora do GIPCE

  • A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, xunto coa coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Nuñez Rubines, mantiveron unha xuntanza de seguimento co Director Xeral de Emerxencias e Interior , Santiago Villanueva Álvarez, co Subdirector Xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandás Arias e coa Xefa de servizo de Protección Civil, Ana Mª Ferreiroa Dobarro, para abordar o convenio de colaboración que vimos mantendo con Vicepresidencia Primeiro e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e que ten por obxectivo dar unha resposta psicolóxica en emerxencias e catástrofes. A reunión tivo lugar en Santiago de Compostela o 13 de setembro.

 

 

Spread the love
COPG
COPG