Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XULLO 2026)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

  • Xunto co secretario do Colexio, José Berdullas Barreiro, a unha reunión online coa presidenta do Colegio de Enfermería de Ourense, María José Menor Rodríguez, para valorar posibles vías de colaboración no ámbito do benestar emocional e o apoio aos seus colexiados e colexiadas, que se celebrou o día 8 de xullo.
  • Ao Pregón das Festas do Apóstolo 2026 e á posterior recepción cidadá, que se celebraron o día 22 de xullo en Santiago de Compostela.
  • Ao acto de recoñecemento cidadá “Alba de Compostela”, organizado polo Concello de Santiago de Compostela e celebrado o día 25 de xullo en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Mª Rosa Álvarez Prada e Fabiola Garcia

Mª Rosa Álvarez Prada e Fabiola Garcia

 

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García Martínez, o pasado 20 de xullo asinaron o convenio de colaboración, entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e o COPG, para a atención psicolóxica a mulleres vítimas de violencia de xénero, aos seus fillos e fillas menores de idade e, complementariamente, a outras persoas da súa contorna familiar que vivan ou padezan estas situacións de violencia de xénero, a homes con problemas de control da violencia no ámbito familiar e para o mantemento dunha Quenda de Garda Psicolóxica, especializada e permanente, na Comunidade Autónoma de Galicia

 

 

 

 

Isabel Figueroa Matallín

Isabel Figueroa Matallín

 

 

A representante do COPG na Plataforma SOS Sanidade Pública, Isabel Figueroa Matallín, asistiu á xuntanza online da Plataforma, que se celebrou o 3 de xullo.

 

 

 

 

 

Hipólito Puente Carracedo

Hipólito Puente Carracedo

 

 

O vogal da Xunta Directiva da División de Psicología Educativa (PsiE) do Consejo General de la Psicología, Hipólito Puente Carracedo e a vogal da Xunta de Goberno e presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa, Mª Begoña Castro Iglesias, asistiron á reunión online “Proxecto Benestar en Rede” do Consejo General de la Psicología, que se celebrou o día 22 de xullo.

 

 

 

 

 

Mª Begoña Castro Iglesias

Mª Begoña Castro Iglesias

A vogal da Xunta de Goberno e presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa, Mª Begoña Castro Iglesias, asistiu en modalidade telemática á reunión celebrada o día 23 de xullo coa directora da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC), María Teresa Sánchez Castaño, o decano da Facultade de Psicoloxía da USC, Arturo X. Pereiro Rozas, e o presidente da Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC), Javier Ares Espiño. O obxectivo desta reunión foi establecer unha posición común e estudar posibles vías de actuación ante as dificultades no recoñecemento e aceptación de informes independentes de profesionais da psicoloxía nos que se informa dos resultados de valoracións de altas capacidades do estudantado, xa que con outras necesidades educativas específicas non ocorre o mesmo, e isto xera malestar e preocupación dos pais/nais, en particular dos membros da asociación ASAC.

 

 

 

 

David Facal Mayo

David Facal Mayo

 

O vogal da Xunta de Goberno, David Facal Mayo, asistiu á presentación da obra “Galicia Vive +”, unha obra colectiva que axuda a entender as claves científicas de Galicia como laboratorio natural de lonxevidade, organizada por Ézaro Ediciones, que tivo lugar o 28 de xullo en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Os responsables do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Ordem dos Psicólogos Portugueses reuníronse online os días 1 e 29 de xullo co obxectivo de avanzar nas primeiras liñas de traballo do Observatorio para a Sustentabilidade Profesional da Psicoloxía, posto en marcha entre ambas entidades.

Así mesmo, reuníronse online os días 28 e 30 de xullo co obxectivo de avanzar na organización dun programa formativo conxunto sobre psicoloxía, transición dixital e intelixencia artificial.

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

  • Ao seminario “Publicidade con perspectiva de xénero como motor do cambio empresarial e social” celebrado o día 1 de xullo, organizado polo Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE.
  • Á reunión ordinaria do Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, que se celebrou o 2 de xullo.
  • Asistiu ao curso de verán “Violencia dixital contra as mulleres” da Universidad Complutense de Madrid (UCM) que se celebrou do 15 ao 17 de xullo en Madrid.
  • Á reunión do Grupo de Traballo Interno da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología, celebrada en Madrid os días 26 e 27 de xuño.
  • Á reunión online da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología, que se celebrou tamén o día 27 de xuño.

 

Mª Dolores Seijo Martínez, presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica, asistiu á reunión online da División de Psicoloxía Xurídica (PsiJur) do Consejo General de la Psicología, que se celebrou o 27 de xuño.

 

Copgalicia
COPG