Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XULLO 2025)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

  • Participou na inauguración do curso especializado para a avaliación e intervención en violencia de xénero, que se celebrou en Ribeira, organizado pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo. A decana participou no acto de apertura e tamén impartiu a conferencia “O abordaxe integral da violencia de xénero desde a perspectiva da psicoloxía”, o día 9 de xullo en Ribeira.
  • En representación de Unión Profesional de Galicia, asistiu á recepción do presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, celebrada na sede do Parlamento de Galicia o día 14 de xullo.
  • Asistiu á xuntanza da Xunta de Goberno de Unión Profesional de Galicia, celebrada o día 17 de xullo na sede de Unión Profesional de Galicia.

 

 

A Coordinadora do GIPCE, Ana Mª Nuñez Rubines, a vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo, e o Equipo de Orientación Específico de A Coruña

A Coordinadora do GIPCE, Ana Mª Nuñez Rubines, a vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo, e o Equipo de Orientación Específico de A Coruña

 

A coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Nuñez Rubines, e a vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo, mantiveron unha xuntanza con dúas integrantes do Equipo de Orientación Específico de A Coruña, celebrada na sede colexial o día 25 de xuño.

 

 

 

 

 

Ana Mª Nuñez Rubines

Ana Mª Nuñez Rubines

 

A coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Nuñez Rubines, tamén asistiu ao pleno da Comisión Galega de Protección Civil, que tivo lugar o día 2 de xullo na AGASP.

 

 

 

 

Alejandra Isabel Fernández Rodríguez

Alejandra Isabel Fernández Rodríguez

 

 

A secretaria do COPG, Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, xunto coa coordinadora do Grupo de Traballo de Interculturalidade da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, Pilar Canosa Raña, participaron nunha xuntanza coa psicóloga colexiada Omneia Sadek, co obxectivo de presentar o programa Sen Etiquetas, Sen Odio, unha iniciativa de Diaconía dirixida á prevención dos discursos de odio e á promoción da convivencia intercultural, celebrada na sede colexial o día 8 de xullo.

 

 

 

Mª Carmen González Hermo

Mª Carmen González Hermo

 

 

A vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo, mantivo unha xuntanza online o día 14 de xullo co presidente da Asociación Galega de Deportistas Transplantados e en Diálises (Detradi Galicia), Carlos Sánchez Montes, co obxectivo de valorar posibilidades de colaboración entre ambas institucións.

 

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Á presentación do informe “Women in Business 2025. Una generación sin oportunidades perdidas”, organizada polo Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE, que tivo lugar en modalidade online o día 1 de xullo.

– Ao pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, celebrado tamén de maneira online o día 11 de xullo.

 

COPG