Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XANEIRO 2026)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Á xuntanza da Mesa Sectorial de Vivenda do Concello de Santiago de Compostela, que se celebrou o 12 de xaneiro en Santiago de Compostela.
  • Á presentación do Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en Galicia de Cáritas Federadas en Galicia, que tivo lugar o 28 de xaneiro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Xuntanza coa Delegación Rexional Norte da Ordem dos Psicólogos Portugueses

Xuntanza coa Delegación Rexional Norte da Ordem dos Psicólogos Portugueses

 

 

Xunto cos membros da Xunta de Goberno, José Manuel Oreiro Blanco e Ricardo Fandiño Pascual, celebrouse unha xuntanza coa Delegación Rexional Norte da Ordem dos Psicólogos Portugueses co obxectivo de coordinar a organización de actividades conxuntas entre ambas institucións. A reunión tivo lugar o 23 de xaneiro en Porto, en modalidade presencial, coa participación online de Ricardo Fandiño Pascual.

 

 

 

 

 

 

 

Miguel Ángel Chouza Ponte

Miguel Ángel Chouza Ponte

 

 

Miguel A. Chouza Ponte, tesoureiro da Xunta de Goberno do COPG, asistiu en representación do Colexio e no nome da decana, á reunión da Comisión de Estatutos de Unión Profesional de Galicia, que se celebrou online o día 12 de xaneiro.

 

 

 

 

 

 

Isabel Figueroa Matallín

Isabel Figueroa Matallín

 

 

 

Isabel Figueroa Matallín, asistiu en representación do COPG, á xuntanza da Plataforma SOS Sanidade Pública, que se celebrou o 13 de xaneiro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

Paula Marcos Carregal

Paula Marcos Carregal

 

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía e Saúde, Paula Marcos Carregal, asistiu en representación do COPG, ao Acto de Presentación do novo Plan SexSan 2026-2030 da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, que se celebrou o 16 de xaneiro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Hipólito Puente Carracedo

Hipólito Puente Carracedo

 

O vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, e a vogal da Xunta de Goberno do COPG, Ana Mª Núñez Rubines, asistiron á segunda xuntanza cos membros da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra, co obxectivo de valorar unha proposta de colaboración e xerar vínculos entre ambas entidades, celebrada o día 19 de xaneiro.

Ana Mª Nuñez Rubines

Ana Mª Nuñez Rubines

 

 

 

 

 

 

 

 

Hipólito Puente Carracedo

Hipólito Puente Carracedo

 

O vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, asistiu:

– Ao acto académico con motivo da festividade de San Tomé de Aquino, que se celebrou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo o 28 de xaneiro.

– Á presentación do Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en Galicia de Cáritas Federadas en Galicia, que tivo lugar o 29 de xaneiro en Vigo.

 

 

 

Mª Carmen González Hermo

Mª Carmen González Hermo

 

A vicesecretaria do COPG, Mª del Carmen González Hermo, participou como relatora no Webinar do Proxecto Xuventude Mentoring organizado por Unión Profesional de Galicia, que se celebrou o día 30 de

xaneiro en Santiago de Compostela

 

 

 

 

 

 

Desde o COPG presentamos un recurso de alzada á resolución da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol pola que se convoca a cobertura, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de Xefe/a do servizo de Psiquiatría, na que non se inclúen como aspirantes á praza aos profesionais da Psicoloxía Especialistas en Psicoloxía Clínica.

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu.

– Á xornada “Claves para una mejor actuación frente a la violencia de género” convocada pola Comisión de Investigación contra la Violencia de Género do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer do Ministerio de Igualdad, celebrada o día 22 de xaneiro en Madrid.

– Á reunión coa Delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdad, Carmen Martínez Perza, para tratar puntos de interese entre ambas institucións, celebrada o día 27 de xaneiro en Madrid.

COPG