Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XANEIRO 2025)

Mª Rosa Álvarez Prada

 

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu ao encontro informativo sobre o XX Aniversario da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, que organizou a Delegación do Goberno contra a violencia de xénero e que tivo lugar o 27 de decembro no Ministerio de Igualdade, en Madrid.

 

 

 

 

 

 

José Berdullas Barreiro

 

O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, participou no acto en defensa do dereito á morte digna, organizado pola Asociación Dereito a Morrer Dignamente Galicia (DMD) e celebrado en Santiago de Compostela o día 12 de xaneiro.

 

 

 

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Ao encontro informativo sobre o XX Aniversario da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, que organizou a Delegación do Goberno contra a violencia de xénero e que tivo lugar o 27 de decembro no Ministerio de Igualdade, en Madrid.

– Ao encontro “Europa escucha a la sociedad civil” no marco da iniciativa #DondeEstánEllas da Oficina do Parlamento Europeo en España, no que se lle trasladou ás eurodiputadas propostas de igualdade para loitar contra a violencia machista e garantir unha atención universal ás vítimas. O encontro tivo lugar en Madrid o día 17 de xaneiro.

COPG