Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (XANEIRO 2024)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, representou ao Colexio, entre outros, nos seguintes actos:

  • Asistiu á Asemblea Xeral de Unión Profesional de Galicia, que tivo lugar o 29 de decembro en Santiago de Compostela.

 

  • Asistiu á reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela, celebrada o pasado 18 de xaneiro.

 

  • Asistiu á XII Xornada “Saúde mental e adolescencia”, organizada pola Asociación Emilia Gómez ADAFAD o 22 de xaneiro na Coruña.

 

 

 

 

  • Xunto coa coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Núñez Rubines, asistiu a unha reunión co subdirector xeral de Planificación e Protección Civil, José Antonio Grandas Arias, para tratar a revisión do convenio do GIPCE para este ano.

 

 

 

 

 

  • O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, asistiu en representación do COPG ao acto de presentación do Programa Sanidade Mediaverso organizado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o 12 de xaneiro en Santiago de Compostela.

 

  • José Berdullas Barreiro tamén asistiu, en representación do COPG, á charla “Palestina: Dereitos en risco, humanidade en acción”, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas e celebrada o 15 de xaneiro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

  • A representante da Sección de Psicoloxía Xurídica na Comisión Intersectorial de Mediación, Nuria González Lois, asistiu en representación do COPG, á xornada “Mediando na protección da infancia”, organizada polas asociacións Círculo de Mediación de Galicia (CIMEGA) e a Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO) aproveitando a celebración do Día Europeo da Mediación. A xornada celebrouse o pasado 22 de xaneiro en Santiago de Compostela.
Spread the love
COPG