Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (SETEMBRO – OUTUBRO 2022)
José Luis Domínguez Rey

José Luis Domínguez Rey

– José Luis Domínguez Rey, membro da Xunta Directiva da División de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e Recursos Humanos (PTORH) do Consejo General de la Psicología, asistiu á xuntanza da mencionada división celebrada en Madrid o 16 de setembro.

 

 

 

José Berdullas Barreiro

José Berdullas Barreiro

 

– José Berdullas Barreiro, vogal da Xunta de Goberno e coordinador coa Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, e Xacobe Abel García Fernández, presidente desta Sección, participaron o 21 de setembro nunha xuntanza co Servizo de Saúde Mental para abordar medidas de intervención para os traballadores e traballadoras do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).

 

 

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez, informa:

– Xunto con Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, secretaria do COPG, asistiíu ao 5º Congresso da Ordem dos Psicólogos Portugueses «O tempo da Psicoloxía, celebrado en Aveiro entre o 28 e o 30 de setembro.

– O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia adheriuse á carta sobre Os dereitos das persoas maiores, impulsado desde a Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX), con motivo do día 1 de outubro Día Internacional das Persoas Maiores.

– Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia emitiuse un manifesto con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, que se conmemorou o 10 de outubro, no que desde o Colexio reclamamos unha atención psicolóxica accesible e garantida na rede pública. Pódese consultar o manifesto completo na páxina web do COPG.

– O COPG asinou a Acta da Comisión de seguimendo da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, para tramitar a adenda do convenio do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).

– Asistiu a reunión o pasado 7 de outubro do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, do que forma parte representando a Unión Profesional de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela.

 

 

– Manuela del Palacio García, presidenta da Sección de Psicoloxía Educativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, asistiu á reunión da Área de Psicoloxía Educativa do Consejo General de la Psicología de España, celebrada na sede do COPG en Santiago de Compostela o pasado 2 de outubro, ao abeiro das I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa «Psicoloxía Educativa, sempre emocionando».

Reunión da Área de Psicoloxía Educativa do Consejo General de la Psicología na sede do COPG

Reunión da Área de Psicoloxía Educativa do Consejo General de la Psicología na sede do COPG

 

 

– María Villarino González, secretaria da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, acudiu á unha xuntanza da Área de Psicoloxía Clínica e Saúde do Consejo General de la Psicología, celebrada en Madrid o 8 de outubro.

 

 

Ana Mª Núñez Rubines

Ana Mª Núñez Rubines

– A coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Ana Mª Núñez Rubines, mantivo unha xuntanza o 23 de setembro co Servizo de Saúde Mental do SERGAS para revisar o Protocolo de actuación no ámbito educativo e sanitario ante o risco de suicidio na infancia e na adolescencia.  Ana Mª Núñez  asistiu á presentación deste documento, elaborado desde a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, e celebrada en Santiago de Compostela o pasado 10 de outubro con motivo do Día Mundial da Saúde Mental.

Spread the love
COPG
COPG