Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (OUTUBRO – NOVEMBRO 2022)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada,

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

– Asistiu, os días 21 e 22 de outubro en Madrid, á xuntanza da Xunta de Goberno e a Xunta de Goberno Extraordinaria do Consejo General de la Psicología e tamén a reunión de Psicofundación, Fundación para promover o desenvolvemento científico e profesional da psicoloxía no ámbito español creada polo Consejo General de la Psicología.

– Participou en representación do Consejo General de la Psicología, á reunión en modalidade online do Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero, celebrada o pasado 8 de novembro.

– Asistiu, xunto coa coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, Ana Mª Núñez Rubines, ás Xornadas Iberoamericanas de Psicoloxía, organizadas pola Red Iberoamericana de Psicología en Emergencias (RIPE), que se celebraron en formato online o 21 de novembro.

-Informa de que o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia presentou un recurso de resposición fronte o Concello de Burela en relación ás titulacións académicas requiridas para poder aspirar ao posto de Técnico/a de orientación laboral ofertado deste Concello.

 

Mª Begoña Castro Iglesias

Mª Begoña Castro Iglesias

– Begoña Castro Iglesias, tesoureira da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía Educativa do COPG, participou na mesa de traballo sobre educación e sanidade do I Foro de Identidades e Disidencias Sexuais de Galicia, que se celebrou en Santiago de Compostela o 19 de outubro.

 

 

María Dolores González Fernández

María Dolores González Fernández

 

-A membro da División de Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte do Consejo General de la Psicología, María Dolores González Fernández, asistiu á reunión desta Área e ás VII Xornadas Nacionais de Psicoloxía do Deporte: avances profesionais, celebradas en Madrid os días 21 e 22 de outubro.

 

 

Hipólito Puente Carracedo

Hipólito Puente Carracedo

 

– O vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, xunto coa coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG, Eva Muíño Gómez, participou nunha xuntanza coa Fiscalía de Seguridade Viaria en Galicia, Paula Grau López, celebrada en Vigo o 25 de outubro.

 

 

Carlos Montes Piñeiro

Carlos Montes Piñeiro

– O 26 de outubro, Carlos Montes Piñeiro, presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, asistiu ao Foro empresarial de Galicia pola igualdade, organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP).

 

 

 

– O membro do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, Pedro Santamaría Gargamala, participou no Focus Grup dun proxecto de análise e diagnóstico das condicións de vida das persoas maiores do Concello de Vigo celebrado nesa mesma cidade o 26 de outubro.

– A representante do Consello Sectorial de Inclusión Social do Concello de A Coruña, Mª Leonor Galiana Caballero, asistiu á sesión ordinaria deste consello o día 27 de outubro na Coruña.

– O 21 de novembro, a colexiada Sagrario Ferreira Pernas, asistiu como representante no Consello Municipal de Saúde do Concello de Monforte de Lemos.

 

Ana Mª Núñez Rubines

Ana Mª Núñez Rubines

Ana Mª Núñez Rubines, coordinadora do GIPCE do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia,

– Participou na reunión da Área de Intervención en Psicoloxía das Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología o 5 de novembro celebrada en Madrid.

– Asistíu á presentación do Proxecto «Un intruso no meu cerebro», posto en marcha pola entidade Lar e subvencionado pola Xunta de Galicia, para a loita contra a estigma das enfermidades mentais na mocidade. Celebrouse na Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia o 25 de novembro.

 

Mª Leonor Galiana Caballero

Mª Leonor Galiana Caballero

 

– A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG e representante da Área de Psicoloxía da Intervención Social do Consejo General de la Psicología, Mª Leonor Galiana Caballero, asistiu en Madrid á xuntanza da Área o 11 de novembro.

 

 

-Xacobe Abel Fernández García, presidente da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG e representante da Área de Neuropsicoloxía Clínica do Consejo General de la Psicología, asistiu a xuntanza desta Área, celebrada en Madrid o 12 de novembro.

 

José Luis Domínguez Rey

José Luis Domínguez Rey

-O vogal da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do COPG e suplente na Área de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións e Recursos Humanos (PTORH) do Consejo General de la Psicología, participou o pasado 18 de novembro na reunión desta Área celebrada en Madrid. Ademais, participou nunha xornada técnica sobre a xestión de persoas e asistiu á reunión institucional da Xunta Directiva da División de PTORH, co obxectivo de perfilar plans de actuación da División.

 

 

 

Mª Dolores Seijo Martínez

Mª Dolores Seijo Martínez

– A presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica do COPG e representante na División de Psicoloxía Xurídica do Consejo General de la Psicología, Mª Dolores Seijo Martínez, participou na xuntanza da División o pasado 26 de novembro en Madrid.

 

 

 

 

– O colexiado Andres Sampayo Salgueiro, G-3314, recibiu o pasado fin de semana un recoñecemento a súa labor por parte da Federación Española de Asociaciones de Psicoterapeutas e do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid.

Por un lado foi galardoado co Premio Nacional FEAP 2022, premio ao mellor traballo de investigación e desenvolvemento da psicoterapia, co seu traballo «Repensando o TDAH». O fallo foi comunicado no marco do IV Congreso Nacional de Psicoterapia FEAP celebrado en Bilbao os días 3, 4 e 5 de novembro.

Por outra banda, o Colegio Oficial de la Psicología de Madrid concedeulle o terceiro posto na V Edición do seu Certame de Relato Breve «Dale un giro a tu vida» coa obra «La caída».  Pódese consultar o texto no seguinte enlace.

Entrega do premio FEAP a Andrés Sampayo

Entrega do premio FEAP a Andrés Sampayo

Entrega do premio do V certame breve do COP Madrid a Andrés Sampayo

Entrega do premio do V certame breve do COP Madrid a Andrés Sampayo

 

Spread the love
COPG, Espazo libre de violencia machista
COPG, Espazo libre de violencia machista