Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (OUTUBRO 2024)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Participou apertura da xornada científica “Menores e pantallas: da investigación á acción”, que se levou a cabo na Facultade de Psicoloxía o 20 de setembro.
  • Participou no acto de entrega da Medalla Emilia Pardo Bazán 2024, que tivo lugar no Museo de Belas Artes da Coruña o 2 de outubro.
  • Asistiu ao acto de apertura do VI Congreso Internacional da Sociedade Científica Española de Psicoloxía Social (SCEPS), celebrado o día 3 de outubro en Santiago de Compostela.
  • Participou nas VIII Xornadas de Intervención Psicolóxica en Emerxencias do Colexio Oficial do Principado de Asturias “Intervención Psicolóxica en Accidentes de Tráfico”, que se celebrou o día 19 de outubro en Asturias.
  • Asistiu ao acto de celebración do Patrón de S. Francisco de Asís do Colexio Oficial de Veterinario da Coruña, celebrado o día 19 de outubro.

 

 

 

 

Acto do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

 

 

  • Acudiu ao acto do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se celebrou o día 17 de outubro en Santiago de Compostela. Neste acto presentouse o informe “O Estado da pobreza en Galicia 2024”.

 

 

 

 

 

 

Mª del Carmen González Hermo

 

 

A vicesecretaria do COPG, Mª del Carmen González Hermo, participou na V Feira da Saúde e Benestar 2024, celebrada en Pontevedra os días 27 e 28 de setembro. Durante a celebración da actividade, levouse a cabo a presentación do “Estudo Habitos Saudables DT1: informe final”.

Participou tamén no 9º Congreso Iberoamericano de Psicoloxía do Deporte «Investigación, innovación y aplicación en la Psicología del Deporte Iberoamericana» celebrado os días 16, 17 e 18 de octubre de 2024 en Pontevedra.

 

 

 

 

 

 

Eva Muiño Gómez

 

 

A coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG, Eva Muiño Gómez xunto a membro do grupo, Mª Jesús Sánchez Peteiro, participaron na Xornada do Plan de Seguridade Viaria de Galicia 2022-2025, que se celebrou en Santiago de Compostela o día 1 de outubro.

 

 

 

 

 

 

Guadalupe Oroña Quintáns

 

A titular representante do COPG no Consello Galego de Benestar Social, Guadalupe Oroña Quintáns, asistiu o día 19 de setembro a unha xuntanza ordinaria deste Consello en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

Concepción Rodríguez Pérez

 

Mª Concepción Rodríguez Pérez xunto coa coordinadora do PAPMVX, Mª Luz Losada Somoza, participaron na Comisión de Traballo-Coordinación das Intervencións e Seguimento da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela, celebrada o día 4 de outubro.

Participou tamén, en representación do COPG, nas Xornadas “A violencia machista en mulleres maiores de 65 anos”, o día 16 de outubro en Santiago de Compostela.

 

 

 

Yolanda Neira Cristobo participou na Comisión de traballo-Prevención e educación en valores de igualdade da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela, celebrada o día 4 de outubro.

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Á xuntanza do Pleno Extraordinario do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller que se celebrou vía online o día 23 de setembro.

– Asistiu a unha xuntanza co Director de Benestar Laboral, Igualdade e Diversidade de Radiotelevisión Española (RTVE), xunto co resto do equipo, para establecer un marco de colaboración co Consejo General de la Psicología, celebrada en Madrid o día 9 de outubro.

Spread the love
COPG