A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:
– Asistiu á Xornada «As intervencións psicolóxicas son eficades en adiccións», organizadas polo Consejo General de la Psicología, e que se realizou en formato online o pasado 4 de outubro.
– O 5 de outubro acudiu á Gala Premios Solidarios Grupo Social ONCE Galicia, celebrada na Coruña.
-Asistiu ao Foro Diálogo Dixital «Mulleres novas e trastornos da conduta alimentaria: impacto dos roles e os estereotipos de xénero», organizado polo Instituto de las Mujeres, e celebrado online o 6 de outubro.
-O 11 de outubro asistiu ao Patrón San Francisco de Asís do Ilustre Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña.
-Asistiu á reunión de Alto Nivel sobre a Transición de Sistemas de Coidados cara a Modelos Centrados nas Persoas e na Comunidade, do MInisterio de Igualdade e do Ministerio de Derechos Sociales, no marco da Presidencia española do Consejo da Unión Europea. O obxectivo foi debater a Estratexia Europea de Coidados e as súas dúas recomendacións aprobadas en decembro de 2022, co fin de avanzar na súa implementación. O evento tivo lugar o 18 de outubro en Madrid.
-Asistiu á «Gala de Entrega dos III Premios Mulleres no Foco», organizada pola Deputación de Pontevedra, que tivo lugar o 20 de outubro en Pontevedra.
-Participou na Mesa de Autoridades, e asistiu á «IX Xornada de ASEIA: Que facemos coa Infancia e a Adolescencia: miradas desde a clínica, a educación e o social», organizada pola Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (ASEIA), que se celebrou o 21 de outubro en Pontevedra.
A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Mª Leonor Galiana Caballero, a coordinadora do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Guadalupe Oroña Quintáns, e os membros de dito Grupo de Traballo, Pedro Santamaría Gargamala e Iria Gándara Patiño, asistiron en modalidade online o día 3 de outubro ao Encontro de Presentación de Resultados do Estudo sobre as Necesidades das Persoas Maiores do Concello das Pontes.
O vogal da Xunta de Goberno do COPG, Ricardo Fandiño Pascual, participou no Seminario de Presentación «Mapa de Cohesión do Eixo Atlántico», que se celebrou o 3 de outubro en Ourense.
O presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, Carlos Montes Piñeiro:
– Asistiu á Xornada Técnica «Xestión da idade e PRL», organizada polo Insittuto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, o 3 de outubro en Rande (Pontevedra).
-Asistiu á xornada de presentación da «Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027», organizada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, o 4 de outubro en Santiago de Compostela.
-Con motivo do Día Mundial da Saúde Mental, participou na xornada técnica «A abordaxe psicosocial na empresa», organizada pola Confederación de Empresarios da Coruña o día 10 de outubro.
Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, presentáronse:
-Achegas á «Estratexia Galega de Saúde 20330», co obxectivo de contribuír na mellora na atención á saúde na nosa Comunidade. Presentadas o 5 de outubro.
-Alegacións sobre o «Proxecto de Real Decreto polo que se modifica o Real Decreto 472/2021» do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital «. Solicitamos ao Consejo General de la Psicología de España que tamén presente alegacións a dito Proxecto de Real Decreto. Presentadas o 18 de outubro.
-Suxestións ao Proxecto de Decreto polo que se desenvovle o Título II da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de Xuventude de Galicia. Presentadas o 20 de outubro.