Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (NOVEMBRO 2025)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Á Xornada “Presente e Futuro na Psicoloxía da Intervención Social” organizada polo Consejo General de la Psicología, que se celebrou o 27 de novembro en Madrid. A dita xornada tamén asistiu vía streaming a secretaria, Alejandra Isabel Fernández Rodríguez.
  • Á Gala “Premios Galegos do Ano”, que se celebrou o 27 de novembro en Santiago de Compostela.
  • Á xuntanza da Asemblea Xeral de Unión Profesional de Galicia, celebrada o día 4 de decembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

En representación de Unión Profesional de Galicia, participou no Parlamento nunha sesión de traballo co presidente Miguel Ángel Santalices Vieira e os representantes dos catro grupos Parlamentarios. En dito acto celebrado o 25 de novembro fíxose entrega aos representantes políticos dun documento coas principais conclusións do Simposium de avance tecnolóxico e compromiso social celebrado este ano. Tamén se abordaron diversos temas, entre eles, o papel que os novos expertos independentes terán na administración de Xustiza, a función que os colexios poderán desenvolver a través de Unión Profesional na xestión das emerxencias e catástrofes en Galicia, así como, a función de Unión Profesional coa súa capacidade de emitir informes non vinculantes para a administración a través de cada un dos seus colexios profesionais.

 

 

Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa; decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada;vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo; conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, D. Román Rodríguez González.

Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa; decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada;vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo; conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, D. Román Rodríguez González.

 

O pasado 26 de novembro, xunto co vicedecano, Hipólito Puente Carracedo, mantiveron unha xuntanza co conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González, e coa directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández Novoa, para abordar as cuestións relativas á presenza da psicoloxía nos centros de ensino, e os resultados obtidos do Estudo PsiCE.

 

 

 

 

 

 

Evento “Xuventude na Onda”,

Evento “Xuventude na Onda”,

 

Asistiu, en representación de Unión Profesional de Galicia, ao evento “Xuventude na Onda”, no marco do programa Xuventude Mentoring na Empresa, programa que ven desenvolvendo a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, impulsado e cofinanciado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, e que conta co cofinanciamento do 60% da Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. O principal obxectivo de “Xuventude na Onda” é promover a conexión entre a mocidade e os sectores da ciencia, da innovación e da empresa, fomentando a creación de sinerxías e novas oportunidades de colaboración, como as estadías formativas das que se están beneficiando mozos, mozas e empresas participantes no vixente Xuventude Mentoring na Empresa 2025. O acto inaugural do evento contou coa participación do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos e do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. Este evento celebrouse o 28 de novembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

Xuntanza cos Técnicos dos Equipos de Menores

Xuntanza cos Técnicos dos Equipos de Menores

Xunto cos vogais da Xunta de Goberno José Manuel Oreiro Blanco e Ricardo Fandiño Pascual, asistiu á unha xuntanza cos Técnicos dos Equipos de Menores co obxectivo de abordar a situación dos equipos, celebrada o día 2 de decembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

Miguel Ángel Chouza Ponte

Miguel Ángel Chouza Ponte

 

 

Miguel A. Chouza Ponte, tesoureiro da Xunta de Goberno do COPG, asistiu en representación do Colexio e no nome da decana, á reunión da Comisión de Estatutos de Unión Profesional de Galicia, que se celebrou online o día 24 de novembro.

 

 

 

 

Mª Teresa Hermida Pérez

Mª Teresa Hermida Pérez

 

Mª Teresa Hermida Pérez, asistiu en representación do Colexio, ao acto institucional con motivo do 25N, organizado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, celebrado o pasado 25 de novembro na Coruña.

 

 

 

 

Rocío García Calvo

Rocío García Calvo

 

 

 

Rocío García Calvo, representante do COPG na Plataforma Emerxencia Dependencia, asistiu o pasado 26 de novembro a unha xuntanza online da Plataforma.

 

 

 

 

Mª Luz Losada Somoza, coordinadora do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero (PAPMVX); Rubén Villar Trenco, coordinador do Programa “Abramos o Círculo”; e Fátima López Rodríguez e o propio Rubén Villar Trenco, como coordinadores da Quenda de Garda Psicolóxica Especializada en Violencia de Xénero, participaron na reunión da Comisión de Seguimento do Convenio celebrada o 2 de decembro en Santiago de Compostela.

Desde o Colexio, presentamos recurso potestativo de reposición á convocatoria do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes para a contratación como persoal laboral temporal de postos/prazas de psicólogo/a (Grupo I, equivalente a subgrupo A1) do Concello de Bueu, na que nos requisitos dos/as aspirantes non aparece a titulación en Psicoloxía.

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

– A presidenta da Sección de Psicoloxía Xurídica, Mª Dolores Seijo Martínez, asistiu á xuntanza en formato online da División de Psicología Xurídica do Consejo General de la Psicología, celebrada o 29 de novembro.

– A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu en streaming ao acto de presentación de “Macroencuesta de Violencia contra a Muller 2024” organizado polo Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer do Ministerio de Igualdad, que se celebrou o 3 de decembro en Madrid.

COPG