A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:
- Xunto co coordinador da Comisión Intersectorial de Mediación, Ricardo Fandiño Pascual, asistiu a unha xuntanza co Director Xeral de Xustiza, José Tronchoni, o día 6 de novembro.
- Participou no inauguración das XXIX Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), baixo o título “Desafiando a historia” que se celebraron en Ribadavia (Ourense) os días 7, 8 e 9 de novembro de 2024.
- Participou nas xornadas contra a violencia de xénero dixital, que se celebrou o día 13 de novembro no hotel OCA Puerta del Camino en Santiago de Compostela.
O vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, participou na reunión da Área de Psicoloxía e Transformación Dixital, celebrada vía online o día 15 de novembro.
A vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo e o vogal da Xunta de Goberno José Berdullas Barreiro, asistiron a unha xuntanza coa Asociación de Alcohólicos Anónimos, celebrada no Colexio o día 29 de outubro.
Asistiu a unha xuntanza coa coordinadora de Información Pública de Al-Anon/Alateen, que se celebrou no COPG o día 18 de novembro co obxectivo de coñecer con detalle información da asociación.
Participou na mesa redonda da UNESCO sobre violencia de xénero e deporte, que se celebrou o día 26 de novembro en Pontevedra
Participou xunto á vogal da Xunta de Goberno, Mª Begoña Castro Iglesias, en representación do Colexio no acto de celebración da patroa dos farmacéuticos, que se celebrou en Santiago de Compostela o día 23 de novembro
Eva Muiño Gómez, coordinadora da División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do Consejo General de la Psicologia, participou na sesión informativa online do permiso por puntos, que se celebrou o día 30 de outubro.
Asistiu á xuntanza da División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade, celebrada en Madrid o día 22 de novembro. Ademais, participou na reunión da Área de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade, que tamén tivo lugar en Madrid o 23 de novembro.
A membro da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, María Villarino González, asistiu á xuntanza de persoas expertas do Centro de Estudos Avanzados da Universidade de Santiago de Compostela, no marco do proxecto “Percepción sobre a violencia sexual e o consentimento sexual. Análise de riscos e implicacións para a prevención no ámbito universitario”, que se celebrou o 24 de outubro.
A psicóloga Concepción Rodríguez Pérez asistiu en representación do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) á rolda de prensa da Plataforma Queremos Galego, que se celebrou en Santiago de Compostela o día 17 de novembro.
Asistiu tamén á mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero do Concello de Santiago de Compostela, celebrada o día 21 de novembro.
A coordinadora do PAPMVX, Mª Luz Losada Somoza, participou na lectura do manifesto con motivo do 25N Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, que se levou a cabo no Concello de Pontevedra o día 18 de novembro.
Xunto á terapeuta Ermitas Acevedo Rego participaron na xornada de formación enmarcada dentro do Día Internacional da Eliminación da violencia contra a muller, que tivo lugar o día 21 de novembro na Subdelegación do Goberno en Ourense
A coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Nuñez Rubines, participou nun programa de investigación cunha estudante de segundo de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela.
A psicóloga Lorena Nieto Iglesias, participou como relatora mesa redonda “Violencia sexual contra as mulleres en situación de vulnerabilidade”, que se celebrou no marco das XIV Xornadas “Achégate a Igualdade”, que se celebraron en Bertamiráns o dias 22 de novembro.
Os coordinadores da Quenda de Garda Psicolóxica e Especializada en Violencia de Xénero, Rubén Villar Trenco e Fátima López Rodríguez, xunto co vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, asistiron ao acto de entrega do galardón «Lazo violeta 2024» do Concello de Marín, celebrado o día 25 de novembro. O galardón foi outorgado á quenda de garda psicolóxica polo seu labor en favor das vítimas de violencia de xénero
A membro do Grupo de Traballo de Psicoloxía de Envellecemento da Sección de Psicoloxía de Intervención Social, Iria Gándara Patiño participou na xornada sobre “Boas prácticas e iniciativas para maiores” do Concello de Santiago de Compostela, que se celebrou en Santiago de Compostela o día 18 de novembro.
O terapeuta do programa Abramos o circulo , Raúl Casariego Palacio, participou na mesa coloquio do ámbito socio – sanitario das xornadas de “Violencia de xénero, unha mirada integral” do Concello de Marín, celebradas o día 21 de novembro.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:
- Participa activamente na nova campaña de sensibilización liderada polas/os farmacéuticas/os galegas/os para combater os trastornos da conduta alimentaria, unha problemática que afecta a 1 de cada 10 mozos e mozas. A colaboración céntrase na creación de materiais divulgativos baseados en evidencia científica e dirixidos a familias, profesionais da educación e da sanidade. Neste sentido, a decana asistiu á presentación da campaña, que tivo lugar o 12 de novembro a través dunha rolda de prensa celebrada en A Coruña.
- Emitiu unha declaración con motivo do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, que se celebrou o 17 de novembro de 2024, en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico.
- Adheriuse á campaña “Liberdade de ser e sentir” da Deputación da Coruña e que ten como obxectivo desmontar prexuízos.
- Presentouse recurso potestativo de reposición contra as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación dun/ha técnico/a de orientación laboral do Concello de Burela.
O COPG e o Consejo General de la Psicología
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:
– Á xuntanza online de Unión Profesional, relacionada coa proposta do Observatorio Servizo Público Emprego Estatal (SEPE), que se celebrou o 22 de outubro.
– Asistiu ás “XV Xornadas Estatais Psicoloxía contra a Violencia de Xénero”, organizadas polo Colegio Oficial de Psicología de Cantabria e o Consejo General de la Psicología de España, celebradas do 21 ao 23 de novembro en Santander. Durante este evento, participou tamén na reunión da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología, que tivo lugar o 23 de novembro no marco das Xornadas.
– Á reunión da Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología, celebrada o día 23 de novembro en Santander.
– Asistiu en representación do Consejo General de la Psicología ao evento de sinatura do Manifesto #DóndeEstánEllas, organizado pola Oficina do Parlamento Europeo en España, co obxectivo de aumentar a visibilidade das mulleres en espazos públicos, celebrado en Madrid o 25 de novembro.