Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (NOVEMBRO 2023)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

– Xunto coa coordinadora da Comisión Intersectorial Feminista, Concepción Fernández Fernández, asistiu ás “XIV Xornadas Estatais Psicoloxía contra a Violencia de Xénero”, organizadas polo Colegio de Psicología de Bizkaia, celebradas do 2 ao 4 de novembro en Bilbao. Asistiu tamén á reunión da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología celebrada o pasado 4 de novembro en Bilbao, no marco das Xornadas.

– Participou no acto inaugural das XXVIII Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG “A morte”, que se celebraron os días 9, 10 e 11 de novembro en Nigrán.

– Participou no Comité de Honra da VI Convención do Consejo General de la Psicología “A Psicoloxía ao Servizo das Persoas”, que se celebrou os días 17 e 18 de novembro de 2023 en Tarragona. Asistiu a dita Convención xunto con algúns membros da Xunta de Goberno do COPG, e os representantes de Área convocados ás reunións que se celebraron no marco da Convención. Asistiu tamén á reunión de Xunta de Goberno do Consejo e á reunión do Grupo de Traballo da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo no marco da Convención.

– Como coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu ao Seminario web “A negociación colectiva con perspectiva de xénero. Boas prácticas”, organizada polo Instituto de las Mujeres, que se celebrou o 20 de novembro.

– Participou como moderadora da Mesa “Percepción de risco e factores de protección” no IV Congreso Internacional sobre prevención, tratamento e control do consumo de Cannabis, que se celebrou do 23 ao 25 de novembro en Ourense.

– Xunto coa vogal da Xunta de Goberno, Concepción Fernández Fernández, asistiron á XVII Gala Solidaria de Nadal da Fundación Andrea, celebrada o día 25 de novembro en Santiago de Compostela.

 

 

Fátima López Rodríguez e Rubén Villar Trenco

– Os coordinadores da Quenda de Garda Psicolóxica Especializada en Violencia de Xénero participaron na Xornada “Mesas Locais de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero” o pasado 25 de outubro en Santiago de Compostela, organizada pola Secretaría Xeral da Igualdade da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Participaron ademais o Centro de Recuperación Integral (CRI), o Programa de Detección e Atención do SERGAS e a Rede Galega contra a Trata.

– A coordinadora do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero e os coordinadores da Quenda de Garda Psicolóxica Especializada en Violencia de Xénero, Fátima López Rodríguez e Rubén Villar Trenco (tamén coordinador do Programa Abramos o Círculo), asistiron a unha reunión técnica coa secretaria xeral da igualdade, Sandra Vázquez Domínguez, o pasado 10 de novembro.

 

Guadalupe Oroña Quintáns

 

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Guadalupe Oroña Quintáns, asistiu ao 1º Foro da Accesibilidade, organizado polo Concello de Santiago de Compostela, que se celebrou o 13 de novembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

Pedro Santamaría Gargamala e Iria Gándara Patiño

– Os membros do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Pedro Santamaría Gargamala e Iria Gándara Patiño, participaron como relatores nas “I Xornadas de ACDgal”, que se celebraron o 18 de novembro en Santiago de Compostela. Estas xornadas foron organizadas por ACDgal (Asociación de Centros de Día Privados de Galicia).

– O membro do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Pedro Santamaría Gargamala, participou como relator na charla “A importancia da psicoloxía nas persoas maiores” organizada polo Concello de Vedra o día 23 de novembro

 

 

 

Ana Mª Núñez Rubines

 

A coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Núñez Rubines, asistiu á sesión divulgativa online no ámbito da Psicoloxía e a Cooperación ao Desenvolvemento, organizada polo Colegio Oficial de Psicología de Andalucía Occidental, o pasado 21 de novembro.

 

 

 

 

 

Mª Leonor Galiana Caballero

 

A representante no Consello Galego de Benestar Social, Mª Leonor Galiana Caballero, asistiu á sesión ordinaria deste Consello, o día 24 de novembro.

 

 

 

 

 

 

 

Desde o COPG presentouse recurso potestativo de reposición ao Concello de Burela contra a convocatoria e bases reguladoras do proceso de selección dun/dunha técnico/a de orientación laboral e mediante a modalidade de funcionario interino publicada en data 28 de setembro de 2023 no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Presentadas o 27 de outubro.

Spread the love
COPG