Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (MARZO – ABRIL 2023)

A decana, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

– Participou o 28 de marzo na inauguración do III Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía, organizado desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia en coordinación co Máster de Psicoxerontoloxía da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

– Asistiu xunto coa secretaria do COPG, Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, dentro da Escola de Igualdade de María Vinyals da Deputación de Pontevedra, no III Encontro sobre Políticas Públicas, celebrado no Castelo de Soutomaior os días 29 e 30 de marzo.

– O 31 de marzo participou na gala do 40º Aniversario do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela.

– Asisitíu a Asemblea Xeral de Unión Profesional de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela o 13 de abril.

 

Carlos Montes Piñeiro

Carlos Montes Piñeiro

O presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Carlos Montes Piñeiro, participou no obradoiro formativo «A prevención dos riscos laborais con perspectiva de xénero», organizado desde o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) en colaboración coa Consellería de Promoción e Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, o 29 de marzo en Lugo.

 

 

 

Eva Muíño Gómez

Eva Muíño Gómez

A coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Eva Muíño Gómez, participou o 12 de abril no encontro participativo «Transporte público: autobús, tren e taxi», do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) do Concello de Santiago de Compostela.

Ademáis, Eva Muíño Gómez, participou en representación do COPG, na estrea do documental «Agromante» que aborda relatos de psiquiatrización e loucura en primeira persoa, un proxecto que desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia apoiamos, celebrado en Santiago de Compostela o 13 de abril.

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia sumouse á campaña #LlamémosloPorSuNombre con motivo do Día Internacional de Concienciación sobre Autismo que se celebra o 2 de abril, e promovida pola Confederación de Autismo de España. Con esta campaña intentase visibilizar e concienciar sobre os tres aspectos esenciais que contribuirán a promover a participación e a igualdade de oportunidades das persoas autistas e as súas familias.

 

Campaña #LlamémosloPorSuNombre

Campaña #LlamémosloPorSuNombre

 

 

Stand PONTESAN 2023

Stand PONTESAN 2023

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia estivo presente cun stand na IV Feira da Saúde e o Benestar PONTESÁN 2023, que se celebrou na cidade de Ponteveddra desde o 14 ao 16 de abril. Este ano foi adicada á nutrición e a loita contra a obesidade.
O venres 14 celebrouse unha Charla que versou sobre a «Diversidade intelectual e o reto dunha alimentación equilibrada», en representación do COPG.
Spread the love
COPG
COPG