A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada
- Xunto co tesoureiro, Miguel A. Chouza Ponte, a unha xuntanza coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para a proposta de sinatura dun convenio para que profesionais da Psicoloxía colexiados poidan intervir nos centros de ensino cando sexan requiridos por estes diante dalgún feito traumático. A reunión celebrouse o pasado 6 de marzo en Santiago de Compostela.
- Ao acto de entrega do “Premio Xohana Torres de ensaio, investigación e creación audiovisual sobre as mulleres na sociedade galega”, organizado polo Concello de Santiago de Compostela, que se celebrou o pasado 6 de marzo.
- Asistiu, xunto coa vicesecretaria, Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, ao acto institucional con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, organizado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, celebrado o pasado 7 de marzo na Coruña.
- Asistiu tamén ao acto homenaxe a Mulleres de Compostela 2026 organizado polo Concello de Santiago de Compostela, que tivo lugar o 9 de marzo.

Ricardo Fandiño Pascual
Os vogais da Xunta de Goberno, Ricardo Fandiño Pascual e José Manuel Oreiro Blanco, participaron en representación do COPG, na Xornada Territorial da Red de Excelencia en Investigación P+Garant[IA], Rede de asesoramento en políticas informadas de parentalidade positiva dirixidas a garantizar a calidade da atención á infancia, adolescencia e familia, que tivo lugar o 2 de marzo na Coruña.

José Manuel Oreiro Blanco

Mª Luz Losada Somoza
A coordinadora do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero (PAPMVX), Mª Luz Losada Somoza, mantivo unha xuntanza coa Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, para o tratamento estatístico dos datos das persoas usuarias do PAPMVX e as problemáticas relativas á limitación do número de sesións no Programa. A xuntanza celebrouse o pasado 4 de marzo en Santiago de Compostela.

Mª Dolores González Fernández
A representante do Colexio na Comisión Galega de Control da Violencia da Xunta de Galicia, Mª Dolores González Fernández, asistiu online á reunión da Comisión Galega, que se celebrou o día 11 de marzo.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Ordem dos Psicólogos Portugueses reuníronse o 12 de marzo co obxectivo de avanzar na organización dun programa formativo conxunto sobre psicoloxía, transición dixital e intelixencia artificial. Durante a xuntanza abordouse un borrador inicial de contidos e sentáronse as bases para definir o cronograma das futuras formacións.
Mª Isabel Rodríguez Prego, membro do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), participou como relatora na Xornada de Formación en Saúde Mental para profesionais veterinarios organizada polo Colegio Oficial de Veterinarios de Pontevedra, que se celebrou o pasado 14 de marzo en Pontevedra.
A colexiada Marta Rivas Rodríguez, participou como docente no “I Curso de Pericial Xudicial” de Unión Profesional de Galicia, celebrado o día 14 de marzo en Santiago de Compostela.
A colexiada María Elsa Rodríguez Viña, asistiu en representación do COPG, á presentación do libro “Mirar de frente” de Alicia Orriols, que tivo lugar o 16 de marzo na Coruña.

María Villarino González
A representante do Colexio no Consello Sectorial de Saúde do Concello da Coruña, María Villarino González, asistiu á xuntanza do Consello Sectorial celebrada o 23 de marzo na Coruña

Pilar Canosa Raña
A representante do Colexio no Consello Sectorial de Inclusión Social do Concello da Coruña, M. Pilar Canosa Raña, asistiu á xuntanza do Consello Sectorial celebrada o 23 de marzo na Coruña.

Guadalupe Oroña Quintáns
A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Guadalupe Oroña Quintáns, asistiu en representación do Colexio, á celebración do Día Mundial do Traballo Social, que se celebrou o 27 de marzo en Santiago de Compostela.
Desde o COPG, o pasado 13 de marzo, presentamos achegas ao documento “Saúde Mental e Atención Primaria”, que nos remitiu a Subdirección Xeral de Atención á Saúde Mental, da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria da Consellería de Sanidade, para a revisión externa por parte do profesional designado polo COPG, o vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro.
Así mesmo, o pasado 17 de marzo, tamén presentamos na Xunta de Galicia achegas á futura Lei Galega de Infancia e Adolescencia.
O COPG e o Consejo General de la Psicología
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:
– Ao evento celebrado o día 4 de marzo, en conmemoración do “Día Internacional de la Mujer, organizado polo Observatorio de Igualdad de Oportunidades do Grupo Social ONCE.
– Á reunión ordinaria do Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, que se celebrou o 6 de marzo.
– Á reunión do Grupo de Traballo Violencias Dixitais do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, celebrada o día 12 de marzo.
– Á reunión do Grupo de Traballo de Violencias Sexuales do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, que se celebrou o día 17 de marzo.
