A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:
– Asistiu o 8 de marzo ao acto conmemorativo do Día Internacional da Muller «Avanza con elas», organizado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
– Participou no acto institucional con motivo do Día Internacional da Muller, organizado polo Ministerio de Igualdade o 8 de marzo.
– Como coordinadora do Grupo de Traballo da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología, asistíu a reunión celebrada o 11 de marzo en Santander.
– O 15 de marzo acudiu a Xornada «Saúde con perspectiva», organizada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia co obxectivo de aumentar o coñecemento sobre a saúde das mulleres.
– En representación do Consejo General de la Psicología, participou no acto oficial do Día Mundial das Enfermidades Raras en España, organizado pola Federación Española de Enfermedades Raras (FEDER) e celebrado en Santiago de Compostela o 16 de marzo.
A coordinadora do Grupo de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Eva Muíño Gómez, participou no I Foro de Mobilidade do Concello de Santiago de Compostela e que se celebrou no Centro Sociocultural de Santa Marta. O foro estivo aberto a todas as persoas interesadas e axentes implicados que queiran achegar cuestións, propostas ou inquedanzas en materia de mobilidade.