Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (MAIO-XUÑO 2026)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Asistiu ao acto de liderado e comunicación do Colegio Oficial de Enfermería de A Coruña, que se celebrou o 12 de maio na Coruña.
  • Xuunto con José Berdullas Barreiro, asistiu aos “VI Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia, organizados por Redacción Médica, e que se celebraron o pasado 28 de maio en Santiago de Compostela.
  • Asistiu ao Congreso “Eu tamén Navegar. Cincuenta Anos de Feminismo Galego”, organizado polo Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CCG) e o Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, que se celebrou os días 29 e 30 de maio en Santiago de Compostela.
  • Asistiu á reunión formativa “Servicios de la Subdirección General de Coordinación Interinstitucional en Violencia contra las Mujeres, COMETA, ATENPRO Y 016”, organizada pola Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación do Goberno en Galicia, en colaboración coa Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno na Coruña, celebrada o 11 de xuño na Coruña.
  • Asistiu á Xornada “Menores e Redes Sociais” que se celebrou o 23 de xuño en Santiago de Compostela. A Xornada foi organizada ao abeiro do Proxecto Infancia Digital, froito da colaboración entre a entidade pública Redes, UNICEF España, o Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática e a Universidade de Santiago de Compostela.
  • Asistiu ao acto de celebración da Noche de la Psicología de Madrid 2026, organizada polo Colegio Oficial de la Psicología de Madrid, que se celebrou o día 24 de xuño en Madrid.

 

 

Entrega da Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Ciencias

 

Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG, asistiu ao acto de entrega da Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Ciencias, que tivo lugar o pasado 1 de xullo no Paraninfo da Universiade de Santiago.

Entrega da Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Ciencias

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Acto de Clausura da presente edición do Proxecto Mentoring USC

Acto de Clausura da presente edición do Proxecto Mentoring USC

 

 

Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG, e Ana Mª Núñez Rubines, vogal da Xunta de Goberno do COPG, asistiron ao Acto de Clausura da presente edición do Proxecto Mentoring USC, que tivo lugar o pasado 2 de xullo no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Eva Muíño Gómez

Eva Muíño Gómez

 

 

A coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade do COPG, Eva Muíño Gómez, asistiu á Xornada sobre “Peatóns e seguridade vial” organizada pola Xefatura Provincial de Tráfico de A Coruña, que tivo lugar o 5 de maio na Coruña.

 

 

 

 

 

O vogal da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Yago López Pérez, asistiu en representación do COPG á inauguración do Living Lab de Saúde de Vigo, organizado por AFAGA Alzheimer, que tivo lugar o 5 de maio en Vigo.

Nuria Seijas Fernández asistiu en representación do COPG, á Xornada de Cooperación e Voluntariado, organizada polo Colegio Oficial de Médicos de Ourense que tivo lugar o 13 de maio en Ourense.

 

Miguel Ángel Chouza Ponte

Miguel Ángel Chouza Ponte

 

 

Miguel A. Chouza Ponte asistiu online en representación do COPG e no nome da decana, ás Asemblea Xeral Ordinaria e Asemblea Xeral Extraordinaria de Unión Profesional de Galicia que se celebraron o día 20 de maio.

 

 

 

 

 

 

Pilar Canosa Raña

Pilar Canosa Raña

 

 

A coordinadora do Grupo de Traballo de Interculturalidade, Pilar Canosa Raña, participou en representación do COPG nun faladoiro sobre cultura xitana organizado pola Fundación Secretariado Gitano, que se realizou o día 21 de maio na Coruña.

 

 

 

 

 

José Berdullas Barreiro

José Berdullas Barreiro

 

 

José Berdullas Barreiro asistiu en representación do COPG, á reunión para iniciar a fase de revisión externa do Plan Estratéxico de Saúde Mental, que tivo lugar o 22 de maio en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Ana Mª Nuñez Rubines

Ana Mª Nuñez Rubines

 

 

A coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez Rubines, asistiu a unha reunión co profesor de Medicina, Víctor Arce para tratar da xornada de clausura do Proxecto Lifestrand, que se celebrou o día 25 de maio en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Ricardo Fandiño Pascual

Ricardo Fandiño Pascual

 

 

O coordinador da Comisión Intersectorial da Infancia e a Adolescencia do COPG, Ricardo Fandiño Pascual, acudiu en representación do COPG á mesa na que se presentaron, na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, os datos para Galicia do estudo “Infancia, adolescencia e benestar dixital en Galicia: unha aproximación desde a saúde, a convivencia e a responsabilidade social”, que se celebrou o día 28 de maio.

 

 

 

 

Concepción Fernández Fernández

Concepción Fernández Fernández

 

 

Concepción Fernández Fernández participou nunha Mesa Redonda sobre violencia de xénero e igualdade, organizada por Cadena Ser que se celebrou o día 28 de maio en Santiago de Compostela

 

 

 

O colexiado Luis Rodríguez Recarey G-6069, participou en representación do Colexio, na Xornada AGEFEC 2026, da Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria, que se celebrou o día 13 de xuño en Vigo.

 

Hipólito Puente Carracedo

Hipólito Puente Carracedo

 

 

Hipólito Puente Carracedo asistiu en representación do COPG, ao acto de toma de posesión da Profesora Dr.ª Carmen García Mateo como Reitora Magnífica da Universidade de Vigo que se celebrou o día 25 de xuño en Vigo

 

 

 

 

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e a Ordem dos Psicólogos Portugueses reuníronse o 3 de xuño co obxectivo de avanzar na organización dun programa formativo conxunto sobre psicoloxía, transición dixital e intelixencia artificial. Durante a xuntanza abordouse un borrador inicial de contidos e sentáronse as bases para definir o cronograma das futuras formacións co obxectivo de avanzar nas primeiras liñas de traballo do Observatorio para a Sustentabilidade Profesional da Psicoloxía, posto en marcha entre ambas entidades.

 

Recursos presentados:

O Concello da Coruña estimou o recurso de reposición que presentamos ao anuncio das bases específicas que rexeran o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de 2 prazas de técnico/a superior de servizos sociais do Concello da Coruña, para que incorporen a titulación de Licenciatura ou Grao en Psicoloxía na listaxe de titulacións precisas para adquirir a condición de aspirante.

Así mesmo, presentamos recurso de alzada á resolución da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo pola que se convoca para a súa provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, un posto de xefe/a da sección de psiquiatría da área sanitaria de vigo, na que non se inclúen como aspirantes á praza aos profesionais da psicoloxía especialistas en psicoloxía clínica.

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

  • Ao “V Encuentro Estatal Violencia Vicaria y Violencia de Género Institucional en España”, organizado por “Mujeres libres Mujeres en paz”, a Asociación Internacional para la erradicación de la violencia de género institucional e o Ayuntamiento de Maracena, que se celebrou os días 8 e 9 de maio en Maracena (Granada).
  • Ao Seminario “Medir para transformar: diálogo iberoamericano sobre el coste de la violencia contra las mujeres” que se celebrou o 20 de maio en Madrid.
  • Participou no acto inaugural da Xornada do COP de Murcia “25M: Mujeres y Psicología” que se celebrou o día 25 de maio en Murcia.
  • Asistiu online á reunión do Grupo de Traballo de Violencias Digitales do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, que se celebrou o día 29 de maio.
  • Asistiu online á reunión do Grupo de Traballo de Violencias Sexuales do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, que se celebrou o día 2 de xuño.
  • Asistiu tamén á reunión de Xunta de Goberno e a Xunta Xeral do Consejo General de la Psicología, celebradas o día 20 de xuño en Ceuta. Asistiu tamén ao acto conmemorativo do 25º Aniversario do Colegio Oficial de la Psicología de Ceuta, celebrado tamén o 20 de xuño en Ceuta.

 

Paula Marcos Carregal, presidenta da Sección de Psicoloxía e Saúde, asistiu online á reunión de Vogais Representantes de Área de Xuntas de Goberno da División de Psicoloxía Clínica e da Saúde (PCyS) do Consejo General de la Psicología, que se celebrou o 23 de maio.

 Nuria Seijas Fernández, vogal da Sección de Psicoloxía e Saúde, asistiu online á reunión da División de Psicología de la Salud (PsiS) do Consejo General de la Psicología, que se celebrou o día 29 de maio. Á reunión asistiu tamén Antía Rodríguez Suárez, convidada tras a proposta de formar parte do Grupo de Trabajo de Psicología en Atención Temprana para unha primeira posta en común.

Guadalupe Oroña Quintáns, presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, asistiu á reunión da División de Intervención Social (PISoc) do Consejo General de la Psicología, que se celebrou o 13 de xuño.

 

COPG