Información Xeral

Participacións do COPG en reunións e eventos profesionais (Maio – Xuño 2022)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG

Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG

– Xunto coa secretaria do COPG, Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, asistiu ao acto do 40 aniversario da Asociación “Alborada” de loita contra a droga, celebrado en Vigo o día 24 de maio.

– Participou en representación do Consejo General de la Psicología na mesa redonda “Unha mirada feminista sobre a saúde das mulleres”, organizada polo Instituto da Muller do Ministerio de Igualdade e celebrada en modalidade semipresencial o 26 de maio.

– Asistiu á reunión do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, do que forma parte representando a Unión Profesional de Galicia, o día 30 de maio en Santiago de Compostela.

– Asistiu o pasado 6 de xuño en Santiago de Compostela á presentación do manifesto de economía social, en representación de Unión Profesional de Galicia (UPG), e no que compareceu a Ministra de Traballo e Economía Social, Dna. Nadia Calviño.  

– En representación do Consejo General de la Psicología, acudiu a un encontro de asociación feministas para a Presidencia española da UE, celebrada en modalidade online o 7 de xuño.

– Como coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología, mantivo unha xuntanza co Grupo de Traballo da Área, celebrada en Madrid os días 10 e 11 de xuño.

– O 14 de xuño acudiu en Madrid, en representación do Consejo General de la Psicología (COP), á sesión “O convenio 190 da OIT e as profesións colexiadas”, organizada desde o Grupo de Traballo de Igualdade de Xénero de Unión Profesional.

 

Stand do COPG no Pontesan

Stand do COPG no Pontesan

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia participou na 3ª Edición da Feira Pontesan, organizada pola Concellería de Deportes e Saúde de Pontevedra en colaboración coa Deputación Provincial, sobre saúde e benestar. Celebrada entre o 20 e o 22 de maio, este ano centrouse sobre a loita contra a depresión, a ansiedade e a tristeza.

 

 

Eduardo Martínez Lamosa

Eduardo Martínez Lamosa

 

O representante do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia na Plataforma SOS Sanidade Pública, Eduardo Martínez Lamosa, participou na xuntanza celebrada o 30 de maio en modalidade online.

 

 

 

 

 

María Dolores González Fernández

María Dolores González Fernández

 

A coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía do Deporte, Mª Dolores González Fernández, asistiu a unha xuntanza da Comisión Galega contra a Violencia da Xunta de Galicia, celebrada o 6 de xuño.

Ademais, o 8 de xuño, mantivo unha xuntanza co xerente do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia.(COLEF).

 

 

Carlos Montes Piñeiro

Carlos Montes Piñeiro

 

O presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións, Carlos Montes Piñeiro, asistiu ao encontro Lean ORP Santiago de Compostela 2022 “Final do camiño: dixitalización, cultura e saúde no traballo”, coorganizado pola Xunta de Galicia, a través do ISSGA, e que tivo lugar en Santiago de Compostela o 10 de xuño.

 

 

A representante no Grupo de Traballo de Psicoloxía e Envellecemento do Consejo General de la Psicología, Guadalupe Oroña Quintáns participou na xuntanza do Grupo en modalidade online o 11 de xuño.

 

A representante na División de Psicoloxía do Tráfico e da Seguridade do Consejo General de la Psicología, Eva Muiño Gómez, acudiu á xuntanza da Xunta Directiva desta División, celebrada o 11 de xuño en Madrid.

Spread the love
Entrada do COPG
Entrada do COPG