Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (MAIO 2024)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Asistiu ao Congreso Estatal de UNAD que se celebrou os días 24, 25 e 26 de abril en Oviedo.
  • Asistiu ao acto de lectura de poemas e Declaración Institucional Letras Galegas 2024, que tivo lugar o 16 de maio en Santiago de Compostela.
  •  Asistiu á reunión do Patronato de Psicofundación, celebrada o día 26 de abril en Madrid. Asistiu tamén á reunión de Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología, celebrada o día 27 de abril en Madrid.
  • Participou no acto de inauguración da Asemblea da Conferencia de Decanos/as de Psicoloxía das Universidades Españolas, que tivo lugar os días 23 e 24 de maio en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

Asistiu ao acto de entrega dos Galardóns Profesional Colexiado 2023 de Unión Profesional de Galicia, que tivo lugar o 10 de maio en Santiago de Compostela, que na categoría de Psicoloxía se entregou a Ana Isabel Martínez Arranz, colexiada G-02573. Neste mesmo acto entregouse a Distinción de Unión Profesional de Galicia a Miguel Carrero López, primeiro presidente de Unión Profesional de Galicia, como recoñecemento ao seu labor profesional, de xestión como cofundador da nosa institución e o seu apoio constante ao longo destes anos ás profesións colexiadas e os seus profesionais.

 

.

 

 

Hipólito Puente Carracedo

 

 

 

O vicedecano do COPG, Hipólito Puente Carracedo, participou no acto de inauguración da II Xornada “Bilingüismo. O uso do galego nos profesionais da psicoloxía” o pasado 25 de abril, organizada pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, e na que colaborou o COPG.

 

 

 

 

 

 

José Berdullas Barreiro

 

O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, asistiu ao acto de presentación do equipo directivo da Consellería de Sanidade que se celebrou o 2 de maio en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

A coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), Ana Mª Núñez Rubines, asistiu á reunión da Área de Intervención en Psicoloxía de Emerxencias e Catástrofes do Consejo General de la Psicología, que se celebrou o 4 de maio en Santiago de Compostela, coincidindo co “I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias: sostendo emocións nas emerxencias”.

 

 

Mª del Carmen González Hermo

 

 

A vicesecretaria, Mª del Carmen González Hermo, asistiu á reunión para participar na próxima edición de PonteSan, V Feira da Saúde e Benestar 2024, que se celebrou o 27 de maio en Pontevedra.

 

 

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Á sesión de presentación da plataforma formativa para a prevención da violencia contra as mulleres de Unión Profesional, que tivo lugar o 30 de abril en Madrid, xunto á Delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero.

– Á sesión vía streaming do acto de presentación do terceiro número da Revista In_Mujeres. Monografías feministas, dedicado a Comunicación, do Instituto de las Mujeres que se realizou o 7 de maio.

– Á sesión dedicada á iniciativa #DóndeEstánEllas, organizada por Unión Profesional e que tivo lugar o pasado 22 de maio na Oficina do Parlamento Europeo en España. O propósito era aumentar a presenza de mulleres expertas como relatoras en conferencias e debates.

– Á reunión do Grupo de Traballo Pacto de Estado e a Estratexia Estatal para Combater as violencias machistas do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller que se celebrou o día 23 de maio.

– Á reunión do Grupo de Traballo de Violencias dixitais do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller que se celebrou o día 27 de maio.

Spread the love
COPG