Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (MAIO 2023)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

– Asistiu ao encontro organizado desde o Concello de Santiago de Compostela para abordar o protocolo para a abordaxe da violencias sexuais e LGTBIfóbicas en espazos de ocio nocturno, celebrado en Santiago de Compostela o 28 de abril.

– Acudíu o 11 de maio á presentación en Madrid da Campaña «Tenemos que hablar de esto», organizada desde o Consejo General de la Psicología, co obxectivo de chamar a atención e concienciar sobre a necesidade de que se ofrezan recursos para atender problemas de saúde mental con urxencia e de que se garanta que os usuarios e usuarias sexan atendidos por profesionais cualificados, con competencias e que lles ofrezcan garantías. O COPG colaborará ao longo de todo o 2023 con esta campaña.

 

Momento do Congreso

Momento do Congreso

 

– Participou o 18 de maio na mesa inaugural do XXII Congreso Nacional e III Internacional da Sociedad Española de Psicología Clínica – ANPIR «Desbordando marcos», na cidade da Coruña, e no cal o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia era entidade colaboradora.

 

 

 

 

– O colexiado Antonio Rial Boubeta, recibiu o Premio Profesional Colexiado 2022, que outorga Unión Profesional de Galicia en recoñecemento á excelencia dos profesionais colexiados/as que exercen ou exerceron a súa profesión en Galicia. O acto de entrega tivo lugar o 5 de maio, no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.

Unión Profesional de Galicia, asociación que representa a uns 42 colexios profesionais do ámbito galego e a 65.000 profesionais colexiados/as que exercen na comunidade galega. Ao acto de entrega acudiu o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, que clausurou o acto e tamén a conselleira do Mar, Rosa Quintana.

 

Mª Rosa Álvarez, decana do COPG, xunto con membros de Unión Profesional de Galicia

Mª Rosa Álvarez, decana do COPG, xunto con membros de Unión Profesional de Galicia

Antonio Rial Boubeta, xunto coa decana, Mª Rosa Álvarez, vicesecretaria, Mª Carmen González, e vogal da Xunta de Goberno do COPG, Begoña Iglesias

Antonio Rial Boubeta, xunto coa decana, Mª Rosa Álvarez, vicesecretaria, Mª Carmen González, e vogal da Xunta de Goberno do COPG, Begoña Iglesias

Spread the love
Entrada do COPG
Sede do COPG