Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (FEBREIRO-MARZO 2024)

Mª Rosa Álvarez Prada

 

 

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, participou, en representación do COPG, no acto académico do Día da Psicoloxía Académica, organizado pola Facultade de Psicoloxía, que tivo lugar o 22 de febreiro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

José Berdullas Barreiro

 

 

O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, asistiu en representación do COPG, ao acto “Camiños de transformación. Novos retos e visións da Sanidade Galega” organizado pola Consellería de Sanidade o 7 de febreiro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Concepción Fernández Fernández

 

 

A vogal da Xunta de Goberno, Concepción Fernández Fernández, participou no acto de inauguración do obradoiro de formación en atención a vítimas de catástrofes, organizado pola Facultade de Psicoloxía, que tivo lugar o 19 de febreiro en Santiago de Compostela. Esta sesión está orientada á atención psicolóxica, e foi impartida por psicólogas do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE). Este obradoiro estaba dirixido a profesorado de universidades de Ucraína e de Xeorxia. O obradoiro formaba parte das actividades do proxecto Lifestrand, financiado polo programa Erasmus+ CBHE, no que participa a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

 

 

 

María Villarino González

 

 

 

A titular representante do COPG no Consello de Saúde do Concello da Coruña, María Villarino González, asistiu o pasado 21 de febreiro a unha xuntanza deste Consello na Coruña.

 

 

 

 

M. Pilar Canosa Raña

 

 

 

A titular representante do COPG no Consello de Inclusión Social do Concello da Coruña, M. Pilar Canosa Raña, asistiu o día 21 de febreiro a unha xuntanza deste Consello na Coruña.

 

 

 

 

 

Mª Carmen González Hermo

 

 

A vicesecretaria, Mª Carmen González Hermo, asistiu á reunión online co director xerente da Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia, Iván Clavel San Emeterio, polo contrato que o COPG mantén para a prestación de servizos de psicoloxía aos deportistas DGAN. Dita reunión celebrouse o pasado 28 de febreiro.

 

 

 

 

 

 

Eliana Martíns Alvela

 

 

 

A coordinadora e xefa de Prensa do COPG, Eliana Martíns Alvela, asistiu ao evento “Xeración 8M”, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, organizado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia o 8 de marzo en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu telematicamente á presentación do estudo “Impacto da violencia de xénero e da violencia sexual contra as mulleres en España (II): unha valoración dos seus custos en 2022” organizada polo Ministerio de Igualdad, que se celebrou o 15 de febreiro.

Asistiu tamén á reunión do Patronato de Psicofundación, celebrada o día 16 de febreiro en Madrid. Asistiu tamén á reunión de Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología, celebrada o día 17 de febreiro en Madrid. Tamén asistiu á reunión informativa online de ATA, antes do inicio da reunión de Psicofundación, para a presentación do proxecto dirixido aos profesionais da psicoloxía colexiados/as.

Como vogal de Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología:

– Aos seminarios web “Ferramenta de rexistro retributivo”, “Ferramenta de Valoración de Postos de Traballo” organizados polo Instituto de las Mujeres, organismo autónomo adscrito ao Ministerio de Igualdad, que se celebraron online o día 26 e 27 de febreiro, respectivamente.

– Á reunión do grupo de expertas para a formación en prevención de violencia de xénero de Unión Profesional de Madrid, que se celebrou online o día 4 de marzo.

– Á mesa redonda, baixo o lema, “Brechas de talento STEM: Onde están elas?”, organizada polo Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE, que se celebrou online o pasado 6 de marzo.

– Ao acto institucional conmemorativo do Día Internacional das Mulleres, organizado polo Instituto de las Mujeres. Este acto tivo lugar o 8 de marzo en Madrid.

– Ás “XVIII Xornadas de Psicoloxía en La Rioja: Saúde sexual toda unha vida. Retos e ameazas”, organizadas polo Colegio Oficial de Psicología de La Rioja, que se celebraron os días 15 e 16 de marzo en Logroño.

 

 

Hipólito Puente Carracedo

 

 

O representante de Área de Novas Tecnoloxías aplicadas á Psicoloxía do Consejo General de la Psicología, Hipólito Puente Carracedo, asistiu a unha reunión online desta Área o 24 de febreiro.

 

 

 

 

 

Carlos Montes Piñeiro

 

O presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e as Organizacións (PTO), Carlos Montes Piñeiro, asistiu á reunión da Xunta Directiva da División de PTORH e á reunión de representantes da Área de Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e Recursos Humanos do Consejo General de la Psicología o 8 de marzo en Madrid. Asistiu tamén á formación do Curso de Supervisores PTORH o día 9 de marzo, tamén en Madrid.

Spread the love
COPG