A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada
- En representación de Unión Profesional de Galicia, a unha xuntanza co director xeral de Xustiza, José Tronchoni Albert, para tratar asuntos de interese común, que tivo lugar o 3 de febreiro en Santiago de Compostela.
- Aos actos de Santa Apolonia, do Colegio de Odontólogos y Estomatólogos A Coruña, que se celebraron o día 7 de febreiro en Santiago de Compostela.
- En representación de Unión Profesional de Galicia, asistiu a unha xuntanza co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste Sueiras, para tratar asuntos de interese común, celebrada o 9 de febreiro na Coruña.
- Asistiu á conmemoración do 40º Cumpreanos do Col·legi Oficial de Psicologia de Catalunya, que se celebrou o día 20 de febreiro en Cataluña.
- Participou na mesa de apertura do acto académico con motivo da celebración do Día da Psicoloxía, Festividade de Juan Huarte de San Juan, celebrado o 24 de febreiro na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
- Asistiu online á reunión da Xunta de Goberno de Unión Profesional de Galicia, que se celebrou o 25 de febreiro.

Os vogais da Xunta de Goberno, Ricardo Fandiño Pascual e José Manuel Oreiro Blanco, e o presidente da Comisión de Ética e Deontoloxía do COPG, Luis Carlos Álvarez García, asistiron a unha xuntanza con Socorro Rodríguez Holguín, Cristina Salgado Blanco, Montserrat Corral Varela e David Facal Mayo do Instituto de Psicoloxía (IPsiUS) para facernos coñecedores dunha iniciativa que se está desenvolvendo no mesmo. A xuntanza celebrouse o pasado 5 de febreiro na sede do COPG en Santiago de Compostela.

Mª Carmen González Hermo
A vicesecretaria, Mª del Carmen González Hermo:
– Participou nunha mesa redonda sobre o blocking, organizada polo Colegio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, que se celebrou o día 6 de febreiro na Coruña
– Como coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte, Mª del Carmen González Hermo, participou nunha mesa redonda sobre psicoloxía deportiva, organizada por Special Olympics Galicia, que se celebrou o día 14 de febreiro en Bertamiráns.

Mª Carmen González Hermo

Miguel Ángel Chouza Ponte
Miguel A. Chouza Ponte, tesoureiro, asistiu en representación do Colexio e no nome da decana, á reunión da Comisión de Estatutos de Unión Profesional de Galicia, que se celebrou online o día 10 de febreiro.

Rocío García Calvo
Rocío García Calvo, representante do COPG na Plataforma Emerxencia Dependencia, asistiu o pasado 12 de febreiro a unha xuntanza online da Plataforma.
Os membros da Xunta de Goberno, Ricardo Fandiño Pascual e José Manuel Oreiro Blanco, asistiron a unha xuntanza co director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo José Rey Sastre, e coa subdirectora xeral, para tratar asuntos de interese común, que tivo lugar o 20 de febreiro en Santiago de Compostela

José Berdullas Barreiro
O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, asistiu en representación do COPG, á presentación organizada pola Fundación para el Cuidado de la Salud Mental en Galicia (Fundación SALMA), da primeira Guía xurídica informativa sobre dereitos no ámbito da Saúde Mental en Galicia, que se celebrou o día 20 de febreiro na Coruña.

Os membros da Xunta de Goberno, Mª Rosa Álvarez Prada, José Manuel Oreiro Blanco e Ricardo Fandiño Pascual, e a responsable de Comunicación do COPG, Eliana Martíns Alvela, celebrouse unha xuntanza coa Delegación Rexional Norte da Ordem dos Psicólogos Portugueses co obxectivo de coordinar a organización de actividades conxuntas entre ambas institucións. A reunión tivo lugar o 25 de febreiro na sede do COPG en Santiago de Compostela.
A representante do COPG no Grupo de Traballo de Psicología Ambiental do Consejo General de la Psicología, Cristina Gómez Román, participou en representación do Colexio, na Xornada “A saúde nun clima que cambia” organizada polo Consello da Cultura de Galicia, que se celebrou o día 26 de febreiro en Santiago de Compostela.
O COPG e o Consejo General de la Psicología
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu.
– Á xornada “Claves para una mejor actuación frente a la violencia de género” convocada pola Comisión de Investigación contra la Violencia de Género do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer do Ministerio de Igualdad, celebrada o día 22 de xaneiro en Madrid.
– Á reunión coa Delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdad, Carmen Martínez Perza, para tratar puntos de interese entre ambas institucións, celebrada o día 27 de xaneiro en Madrid.
A representante do COPG no Grupo de Traballo de Psicoloxía Ambiental do Consejo General de la Psicología, Cristina Gómez Román, asistiu á xuntanza online celebrada o 3 de febreiro.
