A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

José Antonio Luengo, vicepresidente primero do COP; Julia Borque, RR. PP. Oficina del Parlamento Europeo en España, e Rosa Álvarez, coordinadora do Área de Psicología e Igualdad de Género do COP.
- Asistiu á gala de entrega dos Premios Mulleres no Foco, promovidos pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), co obxectivo de poñer en valor o traballo das profesionais galegas do audiovisual. Esta gala tivo lugar en Pontevedra o 30 de xaneiro.
- Xunto coa coordinadora do GIPCE, Ana Núñez Rubines, asistiu a unha xuntanza co subdirector xeral de Planificación e Protección Civil da Xunta de Galicia, D. José Antonio Grandás Arias, co obxectivo de facer o seguimento do convenio que mantemos en materia de emerxencias. Esta xuntanza tivo lugar o 17 de febreiro.
- Participou na primeira xuntanza de constitución da Mesa Sectorial de Vivenda do Concello de Santiago de Compostela, que se celebrou no Pazo de Raxoi o 19 de febreiro.

Hipólito Puente Carracedo
O vicedecano do Colexio Oficial de Psicología de Galicia (COPG), Hipólito Puente Carracedo, asistiu ao acto académico con motivo da festividade de San Tomé de Aquino, que se celebrou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Vigo o 28 de xaneiro.

Lidia Sánchez Edreira
A coordinadora do COPG do Grupo de Traballo de Atención Primaria, Lidia Sánchez Edreira, foi designada polo Colexio para formar parte da Comisión nº 9 do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, denominada «Comisión Sectorial multidisciplinar para establecer o mapa das competencias dos diferentes estamentos e a súa reordenación, no seu caso». Neste sentido, participou o 3 de febreiro na primeira xuntanza desta comisión, celebrada na Consellería de Sanidade.

José Berdullas Barreiro
O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, asistiu ao almorzo informativo co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, celebrado en Vigo o 5 de febreiro.
Yolanda Neira Cristobo participou na Comisión de Traballo sobre Prevención e Educación en Valores de Igualdade da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela, celebrada o 7 de febreiro.

Mª Luz Losada Somoza
Mª Concepción Rodríguez Pérez, xunto coa coordinadora do PAPMVX, Mª Luz Losada Somoza, participou na Comisión de Traballo sobre Coordinación das Intervencións e Seguimento da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional contra a Violencia de Xénero do Concello de Santiago de Compostela, celebrada o 7 de febreiro.

Día da Psicoloxía Académica na Facultade de Psicoloxía da USC.
A vicesecretaria do COPG, Mª Carmen González Hermo, participou na mesa de apertura do acto académico con motivo da celebración do Día da Psicoloxía, celebrado o 21 de febreiro na Facultade de Psicoloxía da USC.
O COPG e o Consejo General de la Psicología
A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:
– En representación do Consejo General de la Psicología á presentación do cuarto número da revista In_Mujeres. Monografías Feministas, dedicado ao «Deporte», organizada polo Ministerio de Igualdade e celebrado o día 29 de xaneiro.
– Á reunión de Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología, celebrada o 7 e 8 de febreiro en Alcalá de Henares.
– Xunto co presidente do Consejo General de la Psicología, Francisco Santolaya Ochando, e como coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero, asistiu a unha xuntanza coa ministra de Igualdade, Ana María del Carmen Redondo García, que se celebrou en Madrid o 7 de febreiro.
– Ao acto de toma de posesión da praza de académico de José Manuel Sabucedo Cameselle na Academia de Psicoloxía de España, celebrado en Madrid o 6 de febreiro.
– Ao acto conmemorativo do XX Aniversario da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, organizado polo Ministerio de Igualdade e celebrado en Madrid o 10 de febreiro.
– O día 14 de febreiro asistiu á II Xornada de Saúde Mental en Contextos Educativos, organizada polo Consejo General de la Psicología, centrada na difusión e reivindicación do papel do profesionais de psicoloxía educativa e na necesidade de incorporar aos psicólogos/as nos centros educativos.
– Participou na reunión do Grupo de Traballo de Violencias Dixitais do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, celebrada en liña o 21 de febreiro.
– A representante na Área de Psicoloxía Ambiental no Consejo General de la Psicología, Cristina Gómez Román, asistiu á xuntanza celebrada o 21 de febreiro.