Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (Febreiro 2023)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada,

– Mantivo unha xuntanza na sede colexial o pasado 8 de febreiro, coas concelleiras do Grupo Municipal Compostela Aberta, Marta Lois González e María Rozas Pérez, co obxectivo de establecer vías de colaboración conxunta entre ambas institucións.

De esquerda a dereita: Mª Rosa Álvarez, Marta Rozas e María Lois.

De esquerda a dereita: Mª Rosa Álvarez, Marta Rozas e María Lois.

 

– Acudiu á inauguración do Programa da Conferencia Municipal de Educación «A Educación e os obxectivos do desenvolvemento sostible. Horizonte 2030», do que tamén formou parte como membro do Comité Cientítifo. Celebrouse en Santiago de Compostela o 16 de febreiro.

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

– Participou o 17 de febreiro nunha xuntanza telemática co Ministerio de Igualdade con motivo dunha subvención nominativa asignada ao Consejo General de la Psicología de España en materia de asistencia psicolóxica á vítimas de delito.

– En representación do Consejo General de la Psicología de España, participou na Xornada «Obxectivo igualdade retributiva entre mulleres e homes», organizada polo Ministerio de Igualdade e que se celebrou o 22 de febreiro.

– Asistiu á xuntanza da Xunta de Goberno do Consejo General de la Psicología de España e tamén a reunión de Psicofundación, celebradas os días 24 e 25 de febreiro en Madrid. Ademáis, participou no III Congreso «Profesiones: compromiso, progreso y futuro», organizado por Unión Profesional e celebrado en Madríd o 23 de febreiro.

 

Luis Carlos Álvarez García

Luis Carlos Álvarez García

 

– O coordinador da Comisión de Ética e Deontoloxía do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, Luis Carlos Álvarez García, participou nunha mesa de traballo do I Foro de Identidades e Disidencias Sexuais en Galicia, celebrado en Santiago de Compostela o 15 de febreiro.

 

 

 

 

– José Berdullas Barreiro, membro da Xunta de Goberno do COPG e enlace coa Sección de Psicoloxía e Saúde, e Eduardo Martínez Lamosa, tesoureiro da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, participaron nunha xuntanza en representación do Colexio, coa portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, co obxectivo de realizar propostas para a mellora da atención primaria. Foi celebrada no Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela o 15 de febreiro.

Xuntanza coa Portavoz Nacional do BNG

Xuntanza coa Portavoz Nacional do BNG

 

 

Mª Leonor Galiana Caballero

Mª Leonor Galiana Caballero

 

– A representante no Consello Galego de Benestar Social, Mª Leonor Galiana Caballero, asistiu á sesión ordinaria deste Consello, o 24 de febreiro en modalidade online.

 

Spread the love
COPG
COPG