Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (DECEMBRO 2024)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Asistiu á xuntanza da Xunta de Goberno de Unión Profesional de Galicia, celebrada o día 27 de novembro en Santiago de Compostela.
  • Xunto coa secretaria do COPG, Alejandra Isabel Fernández Rodríguez, á entrega de premios “Galegos do ano 2024”, que se celebrou na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) o día 28 de novembro.
  • Xunto coa vogal da Xunta de Goberno do COPG, Mª Begoña Castro Iglesias, asistiu á Recepción Cidadá de Nadal 2024 do Concello de Santiago de Compostela, que tivo lugar o día 19 de decembro no Pazo de Raxoi.

 

 

 

 

 

 

 

Belén Montesa Lou

 

 

A psicóloga colexiada, G-4928, Belén Montesa Lou, participou en representación deste colexio na xornada sobre adiccións e novas tecnoloxías no ámbito familiar e escolar, organizada polo Consello Económico e Social de Galicia (CES), celebrada en Santiago de Compostela o 27 de novembro.

 

 

 

 

 

 

Mª del Carmen González Hermo

 

A vicesecretaria do COPG, Mª del Carmen González Hermo, asistiu á xornada “Deporte, adiccións, saúde e convivencia: desafíos e oportunidades”, organizada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico e a Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da USC, celebrada na Facultade de Psicoloxía da USC o día 29 de novembro.

Mantivo tamén unha xuntanza co presidente da Asociación Galega de Psicoloxía do Deporte e a Actividade Física, David Tomé Lourido, co obxectivo de dar seguimento do programa de apoio psicolóxico aos deportistas galegos de alto rendemento, celebrada online o 4 de decembro.

 

 

 

 

 

 

 

A vogal da Xunta de Goberno do COPG, Concepción Fernández Fernández e a membro da Comisión de Cultura do COPG, Concepción Rodríguez Pérez, asistiron á tradicional Gala de Nadal, celebrada en Santiago de Compostela o 30 de novembro.

 

 

 

Rocío García Calvo

 

A titular do Consello Municipal de Saúde do Concello de Santiago de Compostela, Rocío García Calvo, asistiu á xuntanza deste consello celebrada o día 17 de decembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

 

Ana Mª Nuñez Rubines

 

A coordinadora do GIPCE, Ana Mª Nuñez Rubines, participou na xuntanza da Comisión Galega de Protección Civil da Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civíl da Xunta de Galicia, celebrada na AGASP o 17 de decembro.

 

 

 

 

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Á xornada online sobre “40 anos da psicoloxía forense na administración de xustiza”, organizada polo Consejo General de la Psicología e que tivo lugar o día 30 de novembro.

– Ao seminario online titulado “Saúde emocional con perspectiva de xénero”, cuxo obxectivo foi profundizar no impacto desigual que ten o deterioro da saúde emocional en mulleres e homes. O seminario, celebrado o 4 de decembro foi organizado polo Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE.

– Á reunión do Patronato de Psicofundación, celebrada o día 13 de decembro en Madrid. Asistiu tamén á reunión de Xunta de Goberno e a Xunta Xeral do Consejo General de la Psicología, celebradas o día 14 de decembro en Madrid. Ademais, participou na XI Xornada de Excelencia e Innovación en Psicoloxía, que tiña por obxectivo continuar promovendo o debate das ideas innovadoras e premiar a excelencia da actividade profesional e académica da Psicoloxía. Celebrada en Madrid o día 13 de decembro.

– Asistiu ao Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, que se celebrou o día 17 de decembro no Ministerio de Igualdade.

– Participou na entrega dos premios de investigación feminista “Lola Sabaté” organizados polo Colegio Oficial de Psicologia de Catalunya, celebrados o día 18 de decembro en Barcelona.

Spread the love
COPG