Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (DECEMBRO 2023)

En representación do Colexio:

 

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, informa de que:

 

  • Asistiu á entrega dos Premios de Boas Prácticas Inclusivas, organizados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Este acto estivo enmarcado dentro do programa de actividades do “Congreso Internacional de Inclusión Educativa” e tivo lugar o 28 de novembro en Santiago de Compostela.

 

  • Asistiu á conferencia “A Psicoloxía en Galicia. Do laboratorio psicotécnico do Seminario de Estudos Galegos ao Franquismo” organizada pola Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o 28 de novembro.

 

  • Asistiu á xornada formativa organizada pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación de Goberno en Pontevedra que se celebrou o 30 de novembro en Pontevedra. A dita xornada asistiu tamén a coordinadora do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres que sofren Violencia de Xénero, Mª Luz Losada Somoza.

 

  • Xunto coa coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte, Mª Carmen González Hermo, asistiu ao acto de presentación do “Programa de Axuda ao Deportista” (PROADE) da oficina de atención ao deportista organizado pola Fundación Deporte Galego, que tivo lugar o 1 de decembro en Pontevedra, onde o COPG ten un convenio.

 

  • Xunto co vicedecano do Colexio, Hipólito Puente Carracedo, asistiu á reunión online para seguimento do convenio entre a Universidade de Vigo e o COPG, celebrada o pasado 13 de decembro.

 

  • Asistiu á recepción de Nadal do Concello de Santiago de Compostela, celebrada en Santiago de Compostela o 19 de decembro.

 

 

 

 

  • A vogal da Xunta de Goberno e coordinadora coa Sección de Psicoloxía Educativa, Mª Begoña Castro Iglesias, asistiu ao webinar online “Tratamento Farmacolóxico do TDAH”, or
    ganizado pola Fundación INGADA, celebrado o pasado 13 de decembro.

 

 

 

 

 

 

  • Mª Dolores González Fernández, membro da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte, asistiu en representación do Colexio á xuntanza online da Comisión de Control da Violencia da Xunta de Galicia, celebrada o 13 de decembro.

 

 

 

 

 

 

 

  • O vogal da Xunta de Goberno, Ricardo Fandiño Pascual, participou en representación do COPG, na mesa “Presentación-Formación dunha Escala de Precisión de Diagnóstico de Autismo” que tivo lugar o pasado 14 de decembro en Ourense.

 

 

 

 

  • O membro da Xunta Directiva da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, Eduardo Martínez Lamosa, e representante do COPG na Plataforma SOS Sanidade Pública, participou en representación do COPG, no “Foro de Sanidade”, coa portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón. O obxectivo foi analizar as propostas e alternativas para termos unha sanidade pública galega de calidade. Celebrouse en Santiago de Compostela o 16 de decembro.

 

 

 

 

 

  • O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, participou en representación do COPG, no coloquio sobre saúde mental organizado pola Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria o martes 19 de decembro.

 

 

 

 

    • A vogal da Xunta de Goberno e coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade, Eva Muíño Gómez, e Mª Jesús Sánchez Peteiro, membro da Comisión Coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade, asistiron ao acto “Falemos sobre… Saúde Mental”, organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, que forma parte do Ciclo de conferencias sobre saúde mental en Galicia, e que tivo lugar o 19 de decembro en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

 

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, informa de que:

 

  • Asistiu ao seminario online “O reto de liderar equipos interxeneracionais” organizado polo Observatorio de Igualdade de Oportunidades do Grupo Social ONCE, que se celebrou o 30 de novembro.

 

  • Asistiu á reunión do Patronato de Psicofundación, celebrada o día 15 de decembro en Madrid. Asistiu tamén á reunión de Xunta de Goberno e a Xunta Xeral do Consejo General de la Psicología, celebradas o día 16 de decembro en Madrid. Ademais, participou na X Xornada de Excelencia e Innovación en Psicoloxía, que tiña por obxectivo continuar promovendo o debate das ideas innovadoras e premiar a excelencia da actividade profesional e académica da Psicoloxía. Celebrada en Madrid o día 16 de decembro.

 

Spread the love