Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (DECEMBRO 2022)
Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada,

– Asistiu ao II Foro Xuntos fronte os Abusos, organizado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, celebrado en Santiago de Compostela o 29 de novembro.

– O 13 de decembro, acudiu en representación do Consejo General de la Psicología, ao acto de presentación da Revista-In-Mujeres. Monografías feministas, que se celebrou  o 13 de decembro no auditorio do Instituto de las Mujeres en Madrid.

– Asistiu á xuntanza da Xunta de Goberno e a Xunta Xeral do Consejo General de la Psicología e tamén á reunión de Psicofundación, celebradas os días 16 e 17 de decembro en Madrid. Ademais, participou na IX Xornada de Excelencia e Innovación en Psicoloxía, que tiña por obxectivo seguir promovendo e premiando a excelencia da actividade profesional e académica. Celebrada en Madrid o día 16 de decembro.

 

Concepción Rodríguez Pérez

Concepción Rodríguez Pérez

 

A terapeuta do Programa de Atención Psicolóxica a Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero (PAPMVX) do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, participou como relatora nunha mesa redonda sobre as persoas vítimas de violencia de xénero, no marco das XII Xornadas Achégate a Igualdade que se celebraron o 1 de decembro na localidade de Bertamiráns (Ames).

 

 

 

Ana Mª Núñez Rubines

Ana Mª Núñez Rubines

Ana Mª Núñez Rubines, coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, participou na reunión do Pleno da Comisión Galega de Protección Civil celebrada o pasado 19 de decembro na Escola Galega de Admisnistración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela.

 

 

Mª Leonor Galiana Caballero

Mª Leonor Galiana Caballero

 

O 21 de decembro, Mª Leonor Galiana Caballero, presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG, acudíu en representación do Colexio á sesión ordinaria do pleno do Consello Galego de Benestar Social.

Spread the love
COPG
COPG