Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (ABRIL 2026)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Xunto coa coordinadora do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, á reunión da Comisión de Seguimento do convenio do GIPCE, que se celebrou o día 13 de abril en Santiago de Compostela.
  • Asistiu aos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2026, organizados pola Axencia Galega de Innovación e a Real Academia Galega de Ciencias, que se celebraron o pasado 15 de abril en Santiago de Compostela.
  • Xunto cos vogais da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro e Socorro Rodríguez Holguín, asistiu a unha reunión co decano da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Arturo X. Pereiro Rozas, para falar dos servizos propios da Psicoloxía, que tivo lugar o 20 de abril en Santiago de Compostela.
  • Asistiu á reunión da Xunta de Goberno de Unión Profesional de Galicia, que se celebrou o 29 de abril en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

presentación do “Dicionario Esencial de Psicoloxía”

presentación do “Dicionario Esencial de Psicoloxía”

 

Mª Rosa Álvarez Prada, decana do COPG, participou na presentación do “Dicionario Esencial de Psicoloxía” elaborado pola Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que tivo lugar o pasado 14 de abril en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

Inauguración da “IV Xornada de Bilingüismo: A Lingua na Práctica Profesional da Psicoloxía”

Inauguración da “IV Xornada de Bilingüismo: A Lingua na Práctica Profesional da Psicoloxía”

 

 

Así mesmo, participou na inauguración da “IV Xornada de Bilingüismo: A Lingua na Práctica Profesional da Psicoloxía” organizada pola Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, que tivo lugar o pasado 28 de abril en Santiago de Compostela

 

 

 

 

 

 

 

Os membros da Comisión Coordinadora do Grupo de Tráfico e da Seguridade, María Jesús Sánchez Peteiro e Pilar Casal Devesa, asistiron á xornada do Plan de Seguridade Vial Galicia 2026-2030, organizada pola Asociación Española de Carretera e celebrada o día 27 de marzo en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

Rocío García Calvo

Rocío García Calvo

 

 

Rocío García Calvo, representante do COPG na Plataforma Emerxencia Dependencia, asistiu ás xuntanzas online da Plataforma celebradas o 9 e o 23 de abril.

 

 

 

 

 

 

Ricardo Fandiño Pascual

Ricardo Fandiño Pascual

 

 

O vogal da Xunta de Goberno e coordinador da Comisión Intersectorial da Infancia e Adolescencia do COPG, Ricardo Fandiño Pascual, asistiu a unha xuntanza co Concello de Pontevedra co fin de poder abordar unha posible colaboración, celebrada o día 13 de abril en Pontevedra.

 

 

 

 

 

 

José Berdullas Barreiro

José Berdullas Barreiro

 

 

O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, participou en representación do COPG, na xornada sobre a nova Lei de Protección Integral fronte ás agresións ao persoal do Sistema Público de Saúde de Galicia, organizada pola Consellería de Sanidade, e celebrada o 14 de abril en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

XIX Congreso Nacional de Psicología de la Actividad Física y del Deporte. II Encuentro Internacional de Entrenamiento Mental en el Deporte

XIX Congreso Nacional de Psicología de la Actividad Física y del Deporte. II Encuentro Internacional de Entrenamiento Mental en el Deporte

 

 

A vicesecretaria da Xunta de Goberno e coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte, Mª del Carmen González Hermo, participou no “XIX Congreso Nacional de Psicología de la Actividad Física y del Deporte. II Encuentro Internacional de Entrenamiento Mental en el Deporte” que se celebrou do 14 ao 17 de abril en Castellón de la Plana.

 

Iimpartiu tamén unha charla informativa e de sensibilización sobre os efectos do ruído no ámbito social (na sociedade) para a Asociación de Veciños/as A Praia-Seara do Concello de Moaña, que se celebrou o pasado 28 de abril en Moaña.

 

 

 

 

 

Desde o COPG, presentamos alegacións ao Borrador do Plan de Seguridad Viaria de Galicia 2026-2030 da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Así mesmo, presentamos recurso de reposición ao anuncio das bases específicas que rexeran o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, de 2 prazas de técnico/a superior de servizos sociais do Concello da Coruña, para que incorporen a titulación de Licenciatura ou Grao en Psicoloxía na listaxe de titulacións precisas para adquirir a condición de aspirante.

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Ao Webinario “Aproximación a la monomarentalidad derivada y atravesada por la violencia de género”, organizado polo Fórum de Política Feminista e celebrado o día 16 de abril.

– Á reunión do Grupo de Traballo Pacto de Estado contra la Violencia de Género y Estrategia Estatal, do Observatorio Estatal de Violencia sobre la Mujer, que se celebrou o 24 de abril.

COPG
COPG