Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (ABRIL 2025)

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada asistiu:

Mª Rosa Álvarez Prada

Mª Rosa Álvarez Prada

 

  • Á webinar da Academia de la Psicología de España, celebrada en modalidade online o día 26 de marzo.
  • Ás IV Xornadas da Muller, organizadas polo Concello de Mos e celebradas os días 2 e 3 de abril.
  • Á actividade “Compostela co Sur Global”, organizada desde a concellería de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago de Compostela, que se celebrou en Santiago de Compostela o día 3 de abril.

 

 

 

 

 

 

José Berdullas Barreiro

José Berdullas Barreiro

 

 

O vogal da Xunta de Goberno, José Berdullas Barreiro, asistiu a unha xuntanza de constitución do GT para a prevención da violencia e agresións contra profesionais sanitarios, organizada pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, celebrada en Santiago de Compostela o día 28 de marzo.

Asistiu tamén a unha xuntanza coa Portavoz Nacional do BNG, Ana Pontón Mondelo, e a portavoz da área de sanidade, Montserrat Prado Cores, o día 28 de marzo no Parlamento Galego.

 

 

 

 

 

 

Guadalupe Oroña Quintáns

Guadalupe Oroña Quintáns

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Guadalupe Oroña Quintáns, e a secretaria do COPG, Alejandra I. Fernández Rodríguez, asistiron á Xornada do Día Mundial do Traballo Social, celebrada o día 21 de marzo en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

Rocío García Calvo

Rocío García Calvo

 

 

A representante no Consello Municipal de Saúde do Concello de Santiago de Compostela, Rocío García Calvo, asistiu á xuntanza celebrada o día 1 de abril en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

 

 

Lidia Sánchez Eidreira

Lidia Sánchez Eidreira

 

A representante no Grupo de Traballo da Comisión Técnica nº 9 do Consello Técnico de Atención Primaria de Galicia, Lidia Sánchez Eidreira, asistiu á xuntanza celebrada neste grupo o día 8 de abril en modalidade online..

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Concepción Fernández Fernández

Concepción Fernández Fernández

 

A coordinadora da Comisión Intersectorial de Xénero, Concepción Fernández Fernández, asistiu á conferencia de Miquel Misse, sociólogo experto en xénero e sexualidade, celebrada en Santiago de Compostela o día 9 de abril.

 

 

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A representante do Grupo de Traballo de Psicoloxía Ambiental do Consejo General de la Psicología, Cristina Gómez Román, participou na xuntanza deste grupo, celebrada o día 1 de abril en modalidade online.

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología:

– Participou na reunión do Grupo de Traballo de Violencias Sexuais do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, celebrada en liña o 1 de abril.

– Na reunión do Grupo de Traballo de Violencias Dixitais do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, celebrada en liña o 3 de abril.

 

COPG
COPG