Información Xeral

PARTICIPACIÓNS DO COPG EN REUNIÓNS E EVENTOS PROFESIONAIS (ABRIL 2024)

Mª Rosa Álvarez Prada

 

 

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada:

  • Asistiu á II Xornada da Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña (ABAC) “Trastornos da Conduta Alimentaria”, organizada por ABAC e que se celebrou o pasado 21 de marzo na Coruña.
  • Participou no Acto de Apertura do “IV Encontro Virtual de Psicoxerontoloxía”, organizado pola Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela xunto co COPG, que se celebrou o 8 de abril.
  • Asistiu ao acto de entrega de Títulos, Honras e Condecoracións do Concello de Santiago de Compostela, que tivo lugar o pasado 11 de abril en Santiago de Compostela.

 

 

María Begoña Castro Iglesias

 

 

 

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, xunto coa vogal da Xunta de Goberno, María Begoña Castro Iglesias, asistiu á Gala do X Aniversario da Fundación INGADA (Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados), o pasado 12 de abril na Coruña.

 

 

 

 

 

 

Carlos Montes Piñeiro

 

O presidente da Sección de Psicoloxía do Traballo e das Organizacións (PTO), Carlos Montes Piñeiro, participou no obradoiro de traballo “Saúde mental no contexto actual”, organizado pola Confederación de Empresarios da Coruña, que se celebrou o pasado 12 de abril na Coruña.

 

 

 

 

 

 

Guadalupe Oroña Quintáns

 

 

A presidenta da Sección de Psicoloxía da Intervención Social, Guadalupe Oroña Quintáns, asistiu en representación do COPG á xornada “Retos na atención sociosanitaria a persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”, organizada pola Federación Down Galicia o 19 de abril en Santiago de Compostela.

 

 

 

 

 

O COPG e o Consejo General de la Psicología

A decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, como vogal da Xunta de Goberno e coordinadora da Área de Psicoloxía e Igualdade de Xénero do Consejo General de la Psicología asistiu:

– Ás “XVIII Xornadas de Psicoloxía en La Rioja: Saúde Sexual toda unha Vida. Retos e Ameazas”, organizadas polo Colegio Oficial de Psicología de La Rioja, que se celebraron os días 15 e 16 de marzo en Logroño.

– Á reunión do Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, que se celebrou online o pasado 19 de marzo.

– Á reunión extraordinaria do Pleno do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller, que se celebrou o 16 de abril en Madrid. Esta reunión, que foi presidida polo Presidente do Goberno, Pedro Sánchez, estivo motivada pola gravidade das cifras máis recentes, cos asasinatos de dez mulleres e sete nenos e nenas en menos de catro meses.

.

 

 

María Villarino González

 

 

– A representante da Área de Psicoloxía da Saúde do Consejo General de la Psicología, María Villarino González, asistiu á reunión de dita Área o pasado 23 de marzo en Madrid.

 

 

 

 

 

 

 

Luis Carlos Álvarez García

Luis Carlos Álvarez García

 

 

O presidente da Comisión de Ética e Deontoloxía, Luis Carlos Álvarez García, asistiu á reunión da Comisión Deontolóxica Estatal, así como á Xornada formativa centrada en cuestións prácticas do quefacer en Deontoloxía, convocadas para o 13 de abril en Madrid.

 

 

 

 

 

Mª Concepción Rodríguez Pérez

 

Mª Concepción Rodríguez Pérez asistiu en representación do COPG ao Webinar online “Psicoloxía e Medio Ambiente: un campo de traballo descoñecido da Psicoloxía”, organizado polo Consejo General de la Psicología, que tivo lugar o pasado 20 de abril

 

Spread the love
COPG