Este 15 de outubro a gipce Elsa Rodríguez Viñas participou na Xornada de Prevención de Riscos Psicosociais organizada pola Confederación de Empresarios de A Coruña cunha conferencia sobre Primeiros Auxilios Psicolóxicos. A xornada, que se celebrou en formato presencial e online, tivo como obxectivos dotar aos asistentes de ferramentas útiles e fortalecer a súa capacidade para responder con empatía e seguridade ante situacións de crise.