O 19 de outubro o Colexio Oficial de Psicoloxía do Principado de Asturias celebrou a súa VIII Xornada de Intervención Psicolóxica en Emerxencias, adicada nesta ocasión á Intervención Psicolóxica en Accidentes de Tráfico e dirixida a diferentes profesionais do ámbito das emerxencias que poden estar implicados na atención inmediata en accidentes de tráfico.
A coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez Rubines, foi invitada a participar coa exposición «Intervención psicolóxica con profesionais intervenientes nos accidentes de tráfico». Durante a xornada tamén participaron outras profesionais da Psicoloxía como Patricia Acinas, Carolina Coto, Cristina García-Llavona e varias integrantes do GIPEC de Asturias que presentaron a Guía de Intervención Psicolóxica Inmediata en Accidentes de Tráfico que elaboraron dende o seu grupo. Pode consultarse no seguinte enlace:
A xornada finalizou cun simulacro de accidente de tráfico no que bombeiros e profesionais da psicoloxía de emerxencias traballaron xuntos durante as tarefas de excarceración e rescate das vítimas.