Grupos

Participación do GIPCE na VII Convención do Consejo General de la Psicología e reunión da Área de Intervención Psicolóxica en Emerxencias e Catástrofes
VII Convención do Consejo General de la Psicología de España

Entre o 12 e o 14 de xuño a coordinadora do GIPCE, Ana Mª Núñez Rubines, asistiu á VII Convención do Consejo General de la Psicología, que nesta ocasión se celebrou no Palacio de Congresos Baluarte de Pamplona.

Para esta convención creouse un grupo de traballo, formado polos 8 coordinadores dos GIPCE de Baleares, Navarra, A Rioxa, Galicia, Andalucía Oriental, As Palmas, Melilla e Murcia, que traballaron nun póster coa compilación de datos dos GIPCE de toda España entre o 2020 e o 2025. Os datos recompilados tamén se poden ver no seguinte vídeo:

No marco da convención tamén se levou a cabo a reunión da Área de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Consejo General de la Psicología de España na que se estableceron as liñas de actuación para os anos 2025-2026, se analizou a situación da Psicoloxía de Emerxencias en cada Comunidade Autónoma e se fixo exposición de intervencións de alto impacto no último ano.