O GIPCE foi invitado a participar na IV Xornada Saudepol organizada polo Sindicato Unificado de Policía (SUP) co apoio da Asociación Unificada de Gardas Civiles e Vive CNP, que este ano se celebrou na Comisaría da Policía Nacional de Lugo o 30 de abril. Esta xornada, que se realizou en modalidade presencial e en liña para 140 asistentes, estivo centrada na sensibilización dos axentes sobre a importancia da saúde física e mental.
Representando ao GIPCE asistiu Mª Carmen González Hermo -integrante do grupo de intervención GI-112, da Comisión Coordinadora, do grupo de xefas de garda e do Grupo de Apoio a Intervenientes (GAI)- quen impartiu unha conferencia sobre a importancia dos Primeiros Auxilios Psicolóxicos ás vítimas dunha situación de emerxencia dende os primeiros momentos.

IV Xornada Saúde Policial «Saudepol» 2025

Mª Carmen González Hermo na IV Xornada Saúde Policial «Saudepol» 2025