Guadalupe Oroña Quintáns (G-5487), Pedro Santamaría Gargamala (G-4358) e Iria Gándara Patiño (G-4437), membros do Grupo de Traballo de Psicoloxía do Envellecemento da Sección de Psicoloxía da Intervención Social do COPG participaron como relatores no obradoiro «Psicoxerontoloxía Sociosanitaria: Xestión emocional na atención a persoas maiores: actualizaciones» no marco do 32º Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría. O congreso celebrouse os días 29 e 30 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A finalidade do congreso era que os e as profesionais atopasen un marco de discusión para explorar as sinerxías en torno ás melloras da calidade de vida das persoas maiores, sector no que Galicia xa se enmarcou nos primeiros postos, tanto polo envellecemento poblacional que alcanzou como pola especialización dos e das súas profesionais e a calidade dos limitados recursos dispoñibles.