Grupos

Participación do GIPCE nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa
Póster "Impacto do suicidio dun/ha menor na comunidade educativa"

Nos 25 anos de historia do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do COPG, realizáronse máis de 40 intervencións en centros educativos, por iso quixemos compartir a nosa experiencia participando nas I Xornadas Galegas de Psicoloxía Educativa «Psicoloxía Educativa, sempre emocionando» que se celebraron na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela os días 30 de setembro e 1 de outubro.

O GIPCE presentou un obradoiro sobre a atención psicolóxica ante incidentes críticos en centros educativos, que foi impartido por Olegaria Mosqueda Bueno e Concepción López Martín, ambas membros do GIPCE-112, e no que os/as asistentes poideron coñecer o protocolo de actuación en situación de emerxencias nas escolas.

Ademáis presentáronse  dúas comunicacións escritas en formato póster:

– «25 anos de intervencións do GIPCE en centros educativos». Presentado por Concepción López Martín, Julita Mª Touriño Araújo e  Ana Mª Núñez Rubines.
– «Impacto do suicidio dun/ha menor sobre a comunidade educativa». Presentado por Mª Carmen González Hermo e Ana Mª Núñez Rubines.

 

De esquerda a dereita: Julita Mª Touriño, Ana Mª Núñez e Concepción López

De esquerda a dereita: Julita Mª Touriño, Ana Mª Núñez e Concepción López

De esquerda a dereita: Mª del Carmen González e Ana Mª Núñez

De esquerda a dereita: Mª del Carmen González e Ana Mª Núñez

Spread the love
Póster "Impacto do suicidio dun/ha menor na comunidade educativa"
Póster "Impacto do suicidio dun/ha menor sobre a comunidade educativa"